Wikimedia Foundation elections/Board elections/2011/Committee/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to: navigation, search
As eleccións remataron o 12 de xuño de 2011. Non se aceptarán máis votos.
Os resultados anunciáronse o 17 de xuño de 2011.
Eleccións do Consello de 2011
Organización

O comité de elección das eleccións ao Consello do ano 2011 xestiona os detalles da organización das eleccións dentro das capacidades delegadas neles polo Consello de Administración, suxeitas á supervisión do Consello, e poden dar recomendacións ao Consello sobre as eleccións.

Membros[edit]

O comité está constituído polos membros nomeados polo Consello de Administración para organizar as eleccións dos membros do Consello de Administración da Wikimedia do ano 2011. Os membros do comité deben ser editores dun ou de máis proxectos da Wikimedia, non poden estar no Consello de Administración, non poden ser candidatos nas eleccións e tampouco poden votar nestas.

O comité está constituído polos seguintes cinco voluntarios:

Nome Linguas Localización (zona horaria)
Abbas Mahmoud sw, en-3 Nairobi, Kenya (UTC+3)
Jon Harald Søby nb, en-3, sv-3, de-2, da-2, es-1, eo-1, ro-1, sw-1 Dar es Salaam, Tanzania (UTC+3)
"Mardetanha" fa, az, en-3, tr-2, ar-1, mzn-1, glk-1, bqi-1, tk-1, crh-1 Zanjan, Iran (UTC+3:30)
"Matanya" he, en Israel (UTC+2)
Ryan Lomonaco en Grand Rapids, Michigan, USA (UTC-4)

Tarefas[edit]

O comité é responsable de planificar e manter virtualmente calquera aspecto das eleccións ao Consello. Por exemplo, o comité planifica o tipo de votación, o criterio de sufraxio e de candidaturas, prepara e organiza todas as páxinas oficiais das eleccións en Meta, verifica que os candidatos e os votantes cumpren os requirimentos necesarios, realizan a auditoría dos votos para comprobar que non haxa votos duplicados ou outros problemas, etcétera.