Fundraising 2009/thank you/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

Notice[edit]

  • Un agradecemento do
    fundador da Wikipedia, Jimmy Wales

Quote[edit]

  • "Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano."
  • — Jimmy Wales, fundador da Wikipedia

Un agradecemento do fundador da Wikipedia, Jimmy Wales[edit]

Vaites! Que podo dicir? Grazas.

Acaba de rematar a campaña de recadación de fondos que máis éxito logrou na nosa historia: 7,5 millóns de dólares estadounidenses en menos de 8 semanas.

Incrible. Pero non estou sorprendido.

En 2001, fixen unha aposta coa xente, e vós nunca me defraudastes.

Todos vós creastes a maior colección de coñecemento humano endexamais reunido: 14 millóns de artigos enciclopédicos en 270 linguas, medrando e mellorando cada día. Apoiástelo, financiástelo e protexéstelo.

Os anuncios non pagan a Wikipedia. Facédelo vós. A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada no mundo (340 millóns de persoas o último mes); e financiamos os nosos servidores e pagamos o noso persoal integramente con doazóns.

As vosas doazóns manteñen a Wikipedia de balde e sen publicidade. As vosas doazóns manteñen a propagación do acceso gratuíto ao coñecemento en todo o mundo.

Grazas por todo o que destes para facer a Wikipedia unha realidade. Os vosos comentarios inspiráronme e síntome privilexiado por ser testemuña da vosa paixón pola Wikipedia.

  • “Cando necesito unha resposta na vida, sempre estás aquí para me rescatares!” - Lauren Sierra
  • “Para o meu cativo de 6 anos, a Wikipedia é unha marabillosa ventá cara ao coñecemento do mundo.” - Pilgrim Beart
  • “A Wikipedia é moi importante para todos. É un logro da humanidade.” - Fernando Borba
  • "A Wikipedia intenta cumprir unha simple necesidade: acceso inmediato a información de moi boa calidade sobre calquera tema. Por isto estou satisfeito por apoiala." - Joao Nunes

É unha historia extraordinaria. Non existe nada igual.

E se aínda non fixeches unha contribución para apoiar a Wikipedia, non é tarde. Podes facer un agasallo para soster o intercambio libre e aberto de coñecemento. Só tes que premer aquí.

Anímote tamén a que apoies os nosos amigos:

Grazas de novo.

A Wikipedia para sempre,

Jimmy Wales

Fundador da Wikipedia