Fundraising 2010/Survey/Translation/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

Enquisa da Wikimedia 2010[edit]

Introdución[edit]

  • Grazas por empregar o teu tempo en achegar a túa opinión e así axudar a Wikipedia e mais a Fundación Wikimedia a informar mellor a aqueles que estean interesados na nosa misión de reunir a suma de todo o coñecemento dispoñible e poñelo á disposición de todo o mundo.
  • Esta enquisa non levará máis de dez minutos, e as respostas que dea manteranse en privado.
  • Grazas por compartir a túa opinión.

Preguntas[edit]

  • Preguntas 1 e 2
  • Con canta frecuencia dirías que visitas a Wikipedia?
  • Polo menos unha vez ao día
  • Varias veces á semana
  • Unha ou dúas veces ao mes
  • Menos dunha vez ao mes
  • Non estou certo
  • Se pensas nunha visita á Wikipedia, dirías que vas na procura de información específica ou simplemente navegas sen ter un obxectivo en particular?
  • Vou na procura de información en concreto
  • Navego sen un obxectivo en particular
  • Ambas por igual
  • Non estou certo
  • Pregunta 3
  • Se tiveses que resumir a Wikipedia en tres palabras, cales elixirías para capturar a esencia da Wikipedia?
  • Preguntas 4, 5, e 6
  • Algunha vez fixeches unha contribución ou editaches un artigo da Wikipedia?
  • Si
  • Non
  • Con que frecuencia dirías que achegas información ou editas artigos?
  • Unha vez á semana ou máis
  • Unha ou dúas veces ao mes
  • Menos dunha vez ao mes
  • Soamente o fixen unha ou dúas veces
  • Dirías que achegas información ou editas artigos con máis ou menos frecuencia ca o ano pasado?
  • Máis a miúdo
  • Con menos frecuencia
  • Como dixen, só o fixen unha ou dúas veces
  • No vindeiro ano, dirías que vas engadir e/ou modificar máis, menos ou a mesma información como editor da Wikipedia?
  • Contribuirei máis
  • Contribuirei o mesmo
  • Contribuirei menos
  • Dos seguintes motivos, cal explica mellor a razón que levou a que nunca achegases información ou editases un artigo?
  • Semella moi complicado
  • Coido que non sei nada importante que poida engadir
  • Non teño tempo
  • Nunca cavilei nesa posibilidade
  • Preguntas 7 e 8
  • Fixeches unha doazón ou proporcionaches apoio financeiro á Wikipedia o pasado ano?
  • Si
  • Non
  • Nunha escala de 1 a 10, recomendarías a Wikipedia a un amigo?
  • Recomendaría a Wikipedia (10 = moito, 1 = non demasiado)
  • Preguntas 9 e 10
  • Se pensas na Wikipedia e noutras causas que apoias, como valorarías persoalmente o apoio que ofreces á organización? Considerarías que a Wikipedia é:
  • A causa máis importante que apoias
  • Unha das dúas ou tres causas máis importantes que apoias
  • Unha das moitas causas que apoias
  • Unha das causas menos importantes que apoias
  • Non estou certo
  • En xeral, cantas dirías que son as causas e organizacións benéficas ás que contribuíches nos dous últimos anos?
  • Unha ou dúas
  • Entre tres e cinco
  • Entre seis e dez
  • Máis de dez
  • Pregunta 11
  • A continuación hai algúns motivos que persoas deron para explicar o por que da súa doazón á Wikipedia. Para cada un, di se o motivo persoal é para ti:
  • Excelente
  • Moi bo
  • Bo
  • Non demasiado bo
  • Non é bo
  • Non estou certo
  • Non teño resposta
  • Porque o xeito de recompilar e editar a información merece o meu apoio
  • Para manter a Wikipedia de balde para todos os usuarios
  • Para manter a Wikipedia libre de publicidade
  • Porque a Wikipedia é máis que unha ferramenta; está a cambiar o mundo
  • Porque sinto que é importante apoiar algo que uso moi a miúdo
  • Para manter a independencia e obxectividade da Wikipedia
  • Para proporcionar á xente un acceso ao coñecemento que, doutro xeito, non poderían obter
  • Pregunta 12
  • Á parte da Fundación Wikimedia, a Wikipedia conta co apoio de 27 capítulos locais en todo o mundo. Este capítulos axúdannos a promocionar a visión e os obxectivos da Wikipedia mediante programas feitos nas súas xeografías que achegan o proxecto á xente. Eras consciente de que tiñas a opción de doar a un capítulo local da Wikimedia?
  • Si
  • Non
  • Non estou certo
  • Preguntas 13 e 14
  • A vindeira vez que does, pedirás que os teus cartos vaian á Fundación Wikimedia, que fai funcionar a Wikipedia, ou que vaian ao capítulo local do teu país?
  • Á Fundación Wikimedia
  • Ao capítulo local
  • A ambos por igual
  • Non estou certo
  • Como valorarías a posibilidade de doar á Wikipedia nun futuro (xa sexa á Fundación e/ou a calquera dos capítulos locais)?
  • Altamente posible
  • Bastante posible
  • Posible
  • Non é probable
  • Non o creo
  • Non estou certo
  • Pregunta 15
  • A continuación hai algunhas preocupacións que persoas deron sobre a Wikipedia. Como de preocupado dirías que estás con estas?
  • Extremadamente preocupado
  • Moi preocupado
  • Preocupado
  • Un pouco preocupado
  • Apenas preocupado
  • Non estou certo
  • Que a Wikipedia se vexa forzada a vender espazos publicitarios para manterse
  • Que os voluntarios que contribúen nos contidos da Wikipedia perdan o seu interese e esta quede desactualizada
  • Que a Wikipedia inclúa información incompleta, terxiversada ou errónea
  • Que a Wikipedia se vexa forzada a cobrar cartos para acceder a ela
  • Que as grandes empresas e outras partes interesadas teñan influencia sobre os contidos e as prioridades da Wikipedia
  • Pregunta 16
  • A continuación hai servizos de información que a Fundación Wikimedia, a organización sen fins lucrativos que fai funcionar a Wikipedia, ofrece actualmente ou ten pensado ofrecer aos doantes ou a aquelas persoas que estean interesadas en apoiala. Como de interesado dirías que estás en cada un destes servizos?
  • Extremadamente interesado
  • Moi interesado
  • Interesado
  • Non demasiado interesado
  • Apenas interesado
  • Non estou certo
  • Unha páxina web con información sobre os artigos máis visitados, máis discutidos ou editados da Wikipedia
  • Un correo electrónico mensual con novas, historias e anécdotas da Wikipedia
  • A oportunidade de probar as nosas versións en probas ou de servir nun grupo de membros para achegar ideas sobre novas características e novos proxectos
  • Un correo electrónico cando haxa novas de importancia e de interese xeral
  • Un correo electrónico ocasional cando haxa novos desenvolvementos, novas características etc.
  • Adestramentos e introducións á edición de artigos na Wikipedia
  • Pregunta 17
  • Con canta frecuencia dirías que realizas as seguintes actividades en liña?
  • Case que todos os días
  • Unha vez á semana
  • Unha vez ao mes
  • Menos dunha vez ao mes
  • Nunca
  • Non o sei/Non estou certo
  • Dar unha opinión ou valoración dos produtos ou servizos que usaches
  • Publicar as visións que tes no blogue de alguén ou nun foro de conversas
  • Comprar en liña
  • Cargar fotos na rede
  • Cargar vídeos na rede
  • Empregar o teu teléfono intelixente (iPhone, Blackberry etc.) para acceder á internet
  • Ver vídeos en directo ou fotos en liña
  • Escoitar ou descargar música ou podcasts
  • Ver vídeos no YouTube ou noutra páxina web
  • Enviar ou recibir mensaxes de texto no teu teléfono móbil
  • Escribir un blogue
  • Participar en accións políticas en liña
  • Pregunta 18
  • A continuación hai algunhas publicacións en liña, redes sociais e outros servizos. Para cada un, dinos a frecuencia con que os visitas.
  • Case que todos os días
  • Unha vez á semana
  • Unha vez ao mes
  • Menos dunha vez ao mes
  • Nunca
  • Non o sei/Non estou certo
  • Care2
  • LinkedIn
  • Twitter ou calquera outra plataforma de microblogue
  • Del.icio.us
  • Flickr ou calquera outro sitio para compartir fotos
  • Facebook
  • YouTube
  • MySpace
  • Pregunta 19
  • Da seguinte lista, que unha ou dúas fontes de novas dirías que empregas máis a miúdo para seguir os acontecementos máis recentes?
  • Publicacións no Facebook
  • Páxinas web de xornais
  • Novas pola radio ou en programas de entrevistas
  • Xornais en papel
  • O Twitter
  • Revistas de novas en papel (como o Newsweek ou o Paris Match)
  • Páxinas web de novas (como BBC.com ou Huffington Post)
  • Outras páxinas web como o Google News, blogues ou agregadores
  • A Wikipedia
  • Preguntas 20 e 21
  • Cal é a túa profesión?
  • Profesional/Técnico
  • Executivo/Directivo
  • Administrativo
  • Xornalista
  • Dono dun negocio
  • Vendas/Servizo
  • Profesor/Docente
  • Goberno
  • Militar
  • Sen fins de lucrativos
  • Saúde
  • Agricultor
  • Artista/Artesán
  • Estudante
  • Labores da casa
  • Xubilado
  • Preguntas 22 e 23
  • Cal é o nivel dos teus estudos?
  • Secundaria e bacharelato
  • Diplomatura e licenciatura
  • Máster
  • Doutoramento
  • Cal é o teu estado civil?
  • Solteiro
  • Casado ou con parella
  • Divorciado
  • É complicado
  • Outro
  • Preguntas 24 e 25
  • Tes fillos menores de 18 vivindo contigo?
  • Si
  • Non
  • Cal é o teu sexo?
  • Home
  • Muller
  • Transxénero
  • Preguntas 26 e 27
  • En cal destas franxas de idade te atopas?
  • 17 ou menor
  • 18-29
  • 30-39
  • 40-49
  • 50-59
  • 60-69
  • 70-79
  • 80 ou maior
  • Cal das seguintes categorías describe os teus ingresos económicos en 2009 sen descontar as taxas? (Lembra que todas as preguntas desta enquisa son só por motivos de investigación. NON te pediremos nada despois da participación nela.)
  • Menos de 25.000 dólares estadounidenses (menos de 20.000 euros)
  • Entre 25.000 e 49.999 dólares estadounidenses (entre 20.000 e 40.000 euros)
  • Entre 50.000 e 74.999 dólares estadounidenses (entre 40.000 e 60.000 euros)
  • Entre 75.000 e 119.999 dólares estadounidenses (entre 60.000 e 100.000 euros)
  • Entre 120.000 e 199.999 dólares estadounidenses (entre 100.000 e 160.000 euros)
  • Máis de 200.000 dólares estadounidenses (máis de 160.000 euros)
  • Prefiro non dicilo
  • Preguntas 28 e 29
  • Cal é o teu país de residencia?
  • [A lista de países vai aquí]
  • Cal destas descricións acae mellor á zona onde vives?
  • Unha gran cidade
  • Unha cidade mediana
  • Unha cidade pequena
  • Unha zona suburbana
  • Unha zona rural ou de baixa poboación
  • Non estou certo

Correo electrónico[edit]

Asunto: A Wikipedia quere a túa opinión

Como membro da nosa comunidade, queremos saber por que a Wikipedia é importante para ti.

A túa percepción é moi valiosa para nós. Deste xeito, convidamos aos nosos usuarios a que completen unha enquisa sobre a Wikipedia, que nos axudará a comunicármonos mellor cos nosos doantes na campaña de recadación de fondos deste ano 2010.

Vai á nosa enquisa premendo aquí.

A enquisa non debería levar máis de dez minutos.

Ten por seguro que non venderemos nin comerciaremos co teu nome e información de contacto. Tampouco te pediremos nada a cambio da participación nesta investigación.

O prazo de duración desta enquisa é limitado. Preme na ligazón que aparece a continuación ou copia e pega o enderezo na barra de enderezos do teu navegador para comezar:

<ligazón>

Grazas ás persoas que apoian a Wikipedia, somos capaces de facer o que facemos. Agardamos recibir os teus pensamentos e mais as túas ideas.

Atentamente,

Rand Montoya

Fundación Wikimedia