Recadación de fondos 2012/Tradución/Chamamento de Poongothai

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Poongothai Appeal and the translation is 100% complete.

1 Cando me retirei, o meu fillo estaba preocupado por se eu quedaba oxidada. Así que me falou da Wikipedia. Explicoume que calquera persoa podía contribuír e ensinoume como facelo.

Dende aquela, creei artigos sobre funcións cuadráticas, probabilidade, táboas, gráficos e algunhas cousas máis. Levo feitas 7.000 edicións en total.

Escribo en lingua támil: o meu idioma favorito e a miña lingua nativa, falado por 85 millóns de persoas en todo o mundo. Tamén carguei máis de 6.000 ficheiros de son no Wiktionary, mostrando a pronuncia correcta de palabras comúns en támil. Agora, máis xente pode compartir esta fermosa lingua.

Como profesora e nai, sempre estaba ocupada. Pero agora que estou retirada e os meus fillos son maiores, o meu tempo é meu... as 24 horas do día! E paso tódolos días na Wikipedia.

Son voluntaria. Ninguén me paga. Pero editar a Wikipedia converteuse no traballo da miña vida. Aínda que non estou en clase, continúo facendo o que máis me gusta: axudar a unha nova xeración de estudantes a aprender na lingua que amo.

Todo o mundo ten algo que pode compartir. Por favor, fai unha doazón de 5, 20 ou 50 dólares estadounidenses para que a Wikipedia siga medrando.

Bio

Poongothai Balasubramanian vive en Coimbatore, Tamil Nadu, onde ensinou durante moitos anos. Comezou a editar a Wikipedia no ano 2010. Dende entón, creou 250 artigos e gravou a pronunciación de 6.000 palabras. O seu nome de usuaria na Wikipedia está inspirado na súa novela favorita: To Kill A Mocking Bird (en galego, Matar un rousinol).