Stewards/elections 2011/Guidelines/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Esta páxina guía aos usuarios interesados en votar ou ser cadidatos nas eleccións a steward. Le os contidos que veñen a continuación.

Votantes[edit]

Para votar, cómpre:

  • ter unha conta en Meta (este wiki);
  • ter unha conta global (ou unha conta en Meta cunha páxina de usuario que conteña a ligazón cara ao wiki principal e outra neste wiki principal cara á páxina en Meta);
  • non empregar a conta principalmente para tarefas automáticas (bots);
  • ter feito, polo menos, 600 edicións antes do 1 de novembro de 2010 (nun wiki ou combinando as feitas noutros wikis);
  • ter feito, polo menos, 50 edicións entre o 1 de agosto de 2010 e o 31 de xaneiro de 2011 (no mesmo wiki ca enriba ou combinando as feitas noutros wikis);

Pódese comprobar o dereito ao voto automaticamente.

Tradutores[edit]

Cómpre axuda para traducir estas páxinas a diferentes linguas:

Suxestións aos participantes[edit]

  • Pódeslles formular cuestións aos candidatos en Stewards/elections 2011/Questions.
  • Podes comentar brevemente o teu voto (unha ou dúas liñas como máximo). As conversacións longas (respostas aos votos doutros) son susceptibles de seren trasladadas á páxina de conversa, cunha nota para que os outros participantes saiban onde ir buscala.
  • Dado que algúns usuarios teñen desactivado o aviso central (ou CentralNotice), é de agradecer que alguén deixe esta información de interese a outros usuarios que queira participar na votación.

Candidatos[edit]

Requirimentos previos[edit]

Antes de presentar a candidatura a steward, cómpre:

  • comprometerse a respectar e acatar as políticas aplicables aos stewards, verificadores de usuarios e supervisores, ademais da política de protección de datos;
  • estar en posesión dunha conta global;
  • ter unha conta de usuario activa en Meta (ligada á conta global);
  • ter unha conta en, polo menos, un proxecto da Fundación Wikimedia e levar activo nel desde hai tres meses como mínimo;
  • posuír ou ter posuído dereitos de administrador nun proxecto da Fundación Wikimedia durante un período de tres meses como mínimo.

(Comprobar os requirimentos automaticamente.)

Alén disto, e debido a que o cargo de steward pode levar a consecuencias legais, cómpre:

  • ser maior de 18 años e acadar a idade de maioría de idade no teu país antes da data final da votación;
  • fornecer o teu nome completo e proba de identidade á Fundación Wikimedia.

Aínda que isto non é un requirimento, preferentemente os stewards deberan ser políglotas, dado que a miúdo traballan en proxectos de linguas variadas. Tamén deberán estar dispoñibles regularmente. A política de stewards establece limitacións; por exemplo, os stewards non deben empregar o seu acceso como tales nos proxetos onde están activos normalmete para así evitar conflitos de interese e recoméndase que vixíen e axuden nas páxinas de solicitudes a stewards. Tamén poden unirse á canle #wikimedia-stewardsconnect do IRC no freenode para atender as posibles solicitudes.

Os stewards inactivos verán os seus dereitos retirados.

Aplicación[edit]

Se queres presentar a túa candidatura, sigue os pasos que veñen a continuación.

Crea a túa páxina de exposición e votación[edit]

  • Crea unha subpáxina (chega con abrila e gardala):

  • Inclúe na páxina a seguinte información:
    • o teu nome real (opcional);
    • unha ligazón á túa conta de usuario en Meta e outra á segunda conta activa que cumpra os requirimentos previos.
    • unha lista coas linguas que podes ler e escribir; emprega os códigos da Wikimedia (véxase {{user language}}).
    • un breve resumo coa túa participación na Fundación Wikimedia. Indica se es administrador ou burócrata, se es un traballador voluntario do equipo de respostas por correo electrónico, se formas parte dalgún comité de arbitraxe ou calquera outra información que consideres apropiada e relevante. Podes ler as candidaturas dos outros participantes nas eleccións para atopar máis ideas.
  • Agora crea a páxina da túa votación (non é necesario facer ningunha modificación; crea a páxina soamente):

Proporciona probas da túa identidade[edit]