Wikimedia Foundation/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

Jump to: navigation, search

Contents

[edit] Acerca da Fundación

A maior parte da información oficial acerca da Fundación pódese atopar no sitio web da Fundación: http://wikimediafoundation.org.

Os principios da historia da Wikipedia caracterizáronse por moito caos e estrañeza benintencionadas. A Dirección efectiva realizábaa Jimmy Wales (Jimbo) el só, con axuda dos participantes na lista de correo.

Ao considerar o propósito estendido dos proxectos en expansión, suxeriuse nunha wikien-l:

Penso que deberíamos avanzar máis aínda e apuntar á meta definitiva de creasr "Wikimedia." Media cun "m". Usaría regras estilo Wiki para permitira a participación pública na creación e edición de todo tipo de material multimedia: enciclopedias e outras obras de referencia, noticias de actualidade, libros, ficción, música, vídeo, etc. Do mesmo modo que os medios de radiodifusión actuais, tería "canais" e "programas" diferenciados, cada un co seu público propio. Ao contrario dos medios de comunicación actuais, porén, o público tamén se vería implicada activamente na súa propia programación, en vez de limitarse a ver pasivamente.

O nome de dominio "wikimedia.org" comprouno mav á espera de que se crease unha organización sen ánimo de lucro Wikipedia/Wikimedia para adquirir a súa propiedade.

O 20 de xuño de 2003, Jimbo anunciou a creación da Fundación Wikimedia, que serivirá como organización nai sen ánimo de lucro de Wikipedia, Wiktionary, Wikiquote, Wikibooks e os futuros proxectos wiki/FDL que se engadan á "Familia Wikimedia". Vexa tamén o artigo sobre Wikimedia na Wikipedia en inglés: en:Wikimedia Foundation.

O primeiro consello de administración compúñano cinco persoas: Jimmy Wales, Tim Shell, Michael Davis, Angela Beesley e Florence Devouard. En 2006, Tim e Angela deixárono, mentres que entraron Erik Moeller, Jan-Bart de Vreede, Kat Walsh e Oscar van Dillen. En outubro, Florence Devouard tornóuse presidente do consello en substitución de Jimmy Wales. A dirección, que ao principio descansaba basicamente sobre Jimbo, evolucionou cos anos cara un enfoque baseado na comunidade. Os primeiros empregados entraron na organización en 2005, Danny Wool e Brion Vibber.

A organización deu un cambio no verán de 2007, cando se contratou a Sue Gardner para ser editora interina. Nese momento, o persoal contaba cunhas dez persoas, a maioría delas na oficina de Florida e noutras situadas no Reino unido, Alemaña e Os Países Baixos. A maioría dos comités que se constituíron en xaneiro de 2006 están nestes momentos inactivos e abandonados.

[edit] O noso organigrama

[edit] Consello de Administración

O Consello de Administración de Wikimedia xestiona os recursos e supervisa a solicitude e xestión das doazóns sen ánimo de lucro. O Consello de Administración é a autoridade superior da Wikimedia Foundation Inc., e dispón do poder de dirixir as actividades da fundación. O consello consta de sete directores.

O regulamento da Wikimedia Foundation Inc. publicáronse no sitio web principal da Fundación: http://www.wikimediafoundation.org/bylaws.pdf (versión en wiki). Por lei debe existir un consello de Wikimedia para xestionar os recursos e supervisar a solicitude e xestión das doazóns sen ánimo de lucro.

Os conselleiros (artigo IV, sec. 2) inclúen os individuos seguintes:

O Consello de Administración é o autoridade supeior da Wikimedia Foundation Inc. (artigo IV, sec. 1). O Consello ten o poder de dirixir as actividades da fundación. Tamén pode modificar o regulamento (artigo X, sec. 1).

Un manual do consello de Wikimedia axudaría a este consello a levar a cabo as súas responsabilidades de supervisión nos varios proxectos de Wikimedia.

[edit] Organización

[edit] Reunións

O consello reúnense regularmente para discutir os temas que figuran na orde do día do Consello. A maioría das reunións celébranse mediante IRC, aínda que algunhas se teñen celebrado na vida real. Algunhas reunións están restrinxidas aos conselleiros; para outras pódese convidar aos editores segundo se necesite (como un ou máis oficiais) ou grupos (como un consello enteiro de capítulos locais) ou estaren abertas por enteiro a calqueira. Isto menciónase na orde do día do consello na que se mencionan reunións futuras.

As actas das reunións (e ás veces o rexistro completo do debate) pódense atopar en reunións do Consello de Wikimedia.

[edit] Canais de discusión

A WMF organízase grazas ao uso de

  • http://meta.wikimedia.org para a discusión e organización de todos os asuntos públicos - Este wiki é completamente público e pode ser editado por calquera. É multilingue.
  • http://wikimediafoundation.org é o sitio web oficial da Fundación - Este wiki é completamente público mais os membros do consello só lle permiten o acceso membros de confianza da comunidade. Tentamos traducir páxinas en varios idiomas. Pódense expresar opinións sobre este sitio web en meta na páxina Foundation wiki feedback.
  • internal-l, unha lista de correo non pública, con acceso restrinxido aos membros do consello e oficiais.
  • private-l, Outra lista privada de correo que se pode usasr para tratar temas técnicos.

Canais de comunicación a engadir (OTRS, Quarto).

[edit] En que investimos o diñeiro

orzamento

Un dos gastos principais da Fundación é o hardware.

Xa temos en propiedade algúns dos nomes de dominio activos e relacionados secundariamente/tanxencialmente, mentres que outros ainda están libres ou xa os ten alguén.

haino que rematar

[edit] De onde vén o diñeiro

haino que completar

Doazóns.

[edit] Capítulos locais

Os capítulos locais son asociacións de usuarios de Wikimedia independentes baseadas nun país. Visite a páxina sobre os capítulos de Wikimedia para máis información acerca dos capítulos existentes. Se quere iniciar un capítulo ou está a procurar máis información acerca dos capítulos, pode contactar o Comité de capítulos.

[edit] Coordinación de Wikimedia e dos proxectos

[edit] Coordinación de proxectos

Wikimedia Meta-Wiki é un sitio web acerca dos proxectos e coordinación da Fundación Wikimedia.

[edit] Outros proxectos de Wikimedia

Proxectos a unha ollada
Wikipedia Unha enciclopedia que contén máis de tres millóns de artigo en máis de 100 linguas.
Wikimedia Commons Un repositorio de imaxes, sons, vídeos e multimedia en xeral, común a todos os proxectos de Wikimedia, con máis de 1.000.000 ficheiros.
Wikibooks Unha colección de manuais educativos e materiais de aprendizaxe libres.
Wiktionary Un dicionario con significados, sinónimos, etimoloxías e traducións.
Wikinews Unha fonte de noticias que contén informacións fornecidas por xornalistas cidadáns desde moitos países.
Wikisource Un proxecto para fornecer e traducir documentos orixinais libres, como libros no dominio público.
Wikiquote Unha colección de citas estruturadas de varias maneiras.
Wikispecies Un directorio de datos de especies de animalia, plantae, fungi, bacteria, archaea, protista e todas as demais formas de vida.
Wikiversity Un ambiente de aprendizaxe libre para o estudo do coñecemento humano.


Po osmiornicach