Anuncio sobre o selector universal de linguas

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Announcement Universal Language Selector and the translation is 100% complete.
Icona do selector universal de linguas na zona das ligazóns interlingüísticas.

O selector universal de linguas achega un modo flexible de configurar e ofrecer opcións de lingua como a lingua da interface, os tipos de letra e os métodos de entrada. A partir do 11 de xuño de 2013, o selector universal de linguas estará dispoñible nos wikis da Wikimedia en 5 fases.

Está agora activo en máis de 150 wikis da Wikimedia, incluída a Wikipedia en inglés e a Wikimedia Commons.

O 9 de xullo de 2013, ha completarse a introdución do selector universal de linguas coa súa activación nos wikis da Wikimedia restantes (fase 5).

Onde atopar o selector universal de linguas

Icona do selector universal de linguas na barra de ferramentas persoais.

O selector universal de linguas pode aparecer en dous lugares: Na barra lateral como a icona dunha roda dentada naqueles wikis con versións por lingua, como a Wikipedia, ou na barra de ferramentas persoais da parte superior naqueles wikis sen versións por lingua, como a Wikimedia Commons e Meta-Wiki. Ao premer na icona ábrese o panel de opcións de lingua que se pode usar para definir as preferencias de visualización e entrada. Segundo a localización xeográfica dos usuarios preséntase un conxunto inicial de preferencias lingüísticas. Os usuarios poden establecer os métodos de entrada e os tipos de letra que queiran utilizar. Os usuarios rexistrados tamén poden modificar a lingua dos elementos dos menús de MediaWiki.

Bótelle unha ollada á descrición do selector universal de linguas ou ás preguntas máis frecuentes para atopar máis información.