Evento:Conferencia Queering Wikipedia 2025

A Conferencia Queering Wikipedia reúne a individuos e persoas aliadas da comunidade LGBTQ+ de todo o mundo. A través dos proxectos irmandados de Wikimedia, procuramos reforzar as conexións globais da comunidade LGBTQ+. Este ano, QW realizouse en liña os días 24 e 25 de outubro de 2025.
A conferencia transmitiuse en directo na canle de YouTube de Wikimedia LGBT+, onde podes ver as gravacións.
A Queering Wikipedia 2025 xa chegou: vinde a compartir ideas, experiencias e coñecementos cunha comunidade internacional!
Edicións anteriores

A iniciativa Queering Wikipedia principiou no 2019, coa primeira conferencia internacional organizada orixinalmente para o 2020. Por mor da pandemia da COVID-19, o evento fíxose en liña. Para manter á comunidade implicada, no 2021 introducíronse os QW Working Days. A Conferencia QW2023 foi un punto de inflexión ao ofrecer un formato plenamente híbrido que permitiu a participación de persoas de todo o mundo, logrando un evento máis inclusivo e accesible.
Como participar
Para participar na QW25, sigue os seguintes pasos:
- Inicia sesión en Meta Wikipedia (esta páxina) co teu usuario de Wikimedia. Se careces dun, podes crealo aquí.
- Sempre que sexa posible, vincula a túa conta de Wikimedia a unha dirección de correo electrónico para poder recibir notificacións facilmente. Se prefires non recibilas, comunícanolo a community
wmlgbt
org. - Unha vez iniciada a sesión, inscríbete no evento usando a ferramenta situada na sección superior desta páxina. Fai clic no botón azul de "Rexistrarse para o evento". Podes anotarte de maneira pública ou privada.

Se desexas presentar un relatorio na Queering Wikipedia 2025, accede a Rexistro para atopar máis detalles e achegar a túa proposta mediante o formulario (antes do 5 de outubro).
Todas as persoas participantes deberán ler e cumprir a Política de espazos seguros.
Para contribuír como persoa voluntaria para a Queering Wikipedia 2025, contáctanos en community
wmlgbt
org.
Organizado por

