Fundraising 2011/Susan Letter/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
Translation instructions
  • For pages marked "Missing" or "In progress", click the page title and start translating. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • For pages marked "Needs updating", compare the page to the source page and update the translation accordingly. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • It is important to have someone else proofread the translated page! If you have proofread a page and it is ready for publication, click "edit status" and change that page's status to ready.
  • If you are changing something that has already been published, change its status back to ready for it to be published again.

If you have any questions or feedback regarding the translation process, please post them here. Translation FAQ

Google ten preto dun millón de servidores. Yahoo está ao redor dos 13.000 empregados. Nós contamos con 679 servidores e 95 empregados.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada, e dá servizo a 470 millóns de persoas diferentes cada mes: todo iso co apoio dos lectores.

Se empregas a Wikipedia a miúdo, decataraste do marabilloso que é obter toda esta información sen custo ningún, e sen ter que ver publicidade nin anuncios emerxentes por todas partes. É unha experiencia pura.

Quero pensar que a xente que se beneficia moito disto e que poida permitirse facelo, quizais sinta unha obriga moral para achegar un par de dólares se sabe que son necesarios.

Que me dis de dar un par de dólares? Ou talvez 5 ou 20?

O incrible da Wikipedia é que xente rara coma min, que adoramos cousas estrañas como os gasterópodos (os caracois), únese e comparte a súa paixón co mundo. Isto é o que fai da Wikipedia algo máxico: hai unha luz silenciosa dentro de todos nós que provén da vontade de axudar a educar e compartir o coñecemento.

Por favor, doa hoxe para que este xardín de coñecementos siga medrando.

Grazas,

Susan Hewitt
Editora da Wikipedia