Política pública

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Public policy and the translation is 96% complete.

Outdated translations are marked like this.
Other languages:
Bahasa Indonesia • ‎Canadian English • ‎Deutsch • ‎English • ‎Esperanto • ‎Nederlands • ‎Ripoarisch • ‎Türkçe • ‎asturianu • ‎català • ‎dansk • ‎eesti • ‎español • ‎français • ‎galego • ‎italiano • ‎kurdî • ‎latviešu • ‎lietuvių • ‎polski • ‎português • ‎português do Brasil • ‎shqip • ‎Österreichisches Deutsch • ‎čeština • ‎Ελληνικά • ‎русский • ‎українська • ‎ייִדיש • ‎العربية • ‎تۆرکجه • ‎فارسی • ‎हिन्दी • ‎বাংলা • ‎ไทย • ‎中文 • ‎日本語 • ‎한국어
Information

We are getting ready to do an update to the Public Policy Portal. This subpage shows the edits we propose to make.

We invite you to discuss these suggested edits on the discussion page. We would like to do the update to the Portal on Nov. 28, so please leave us your feedback at your earliest convenience.

--JGerlach (WMF) (talk) 21:03, 10 November 2016 (UTC)

Information

Esta é unha versión wiki da web de política pública da Wikimedia. Pode discutir e traducir o texto desa web aquí.


A política pública afecta ao coñecemento libre na Wikimedia e fóra dela

As políticas sobre acceso, censura, dereitos de autoría, responsabilidade de intermediarios e privacidade afectan directamente á vitalidade da Wikipedia e outros proxectos Wikimedia. A comunidade Wikimedia está nunha posición única para darlle forma a estas políticas e permitir a xente de todo o mundo acceder, crear, compartir e adaptar o coñecemento libre.

Explore como a política pública apoia á Wikipedia

Investigar

O acceso a fontes fiables é critico para a documentación e coñecemento compartido. Cando se investiga para un artigo da Wikipedia, os editores necesitan acceso a libros, artigos e outras fontes. Tamén requiren fontes de información non censuradas e fiables para poder escribir artigos neutrais na Wikipedia. Ao investigar en liña, os métodos de lectura dos editores da Wikipedia deben ser privados, para que podan investigar sen medo á que o seu historial de navegación poda ser mal interpretado ou usado na súa contra.

Escribir

Para escribir e editar un artigo da Wikipedia, os editores precisan de privacidade e anonimato para reflectir os seus pensamentos e sentirse seguros ao escribir sobre temas potencialmente controveriais. Precisan atopar medios públicos ou con licenzas libres para ilustrar os artigos sen temor a violar dereitos de autoría. Requiren acceso rápido e asequible á Wikipedia para poder pasar tempo mellorando artigos. Necesitan a seguridade de que a súa comunidade de editores da Wikipedia terá o control editorial total sen interferencia da Fundación wikimedia. Para cumprir isto, precisan que a Fundación Wikimedia se manteña coma un anfitrión neutral sen que gobernos ou outras terceiras partes podan obligala a eliminar ou alterar o escrito pola comunidade de editores.

Compartir

Para que un artigo poda compartirse libremente por todo o mundo, os lectores da Wikipedia precisan ter un acceso fiable e rápido a toda a Wikipedia. Isto significa que os artigos da Wikipedia nunca deberían ser censurados polos proveedores de internet. A fundación wikimedia tamén debería ser capaz de disputar peticións de retiro de información de terceiras partes. E os lectores da Wikipedia precisan privacidade ao ler os artigos da Wikipedia, para sentirse seguros e saciar a súa curiosidade intelectual.

Adaptar

Cando se crea un artigo da Wikipedia en liña, pode beneficiarse de outras contribucións e adaptacións. As licenzas libres permiten a outros usar artigos xa existentes para propósitos que as leis de dereitos de autoría non permitirían. Por exemplo, o contido libre coma os artigos Wikipedia poden traducirse a novas linguas, compartirse e empregarse por calquera, fora dos proxectos Wikimedia, sen limitacións restritivas.

Medrar

A Wikipedia nunca está rematada. Para acadar o nosos obxectivo de recompilar a suma de todo o coñecemento, os editores da Wikipedia deben ser unha comunidade diversa e inclusiva. A diversidade nesta comunidade require acceso sen trabas á Wikipedia, en tódolos países do mundo. Malia que moita xente ten acceso aos proxectos Wikimedia, hai moitas outras persoas que á día de hoxe non poden unirse aos nosos proxectos. Precisamos rachar as barreiras postas ao acceso e creación do coñecemento.


Acceso

O coñecemento debería ser accesible libremente por todos, en tódolos países, linguas, medios e dispositivos.

Por qué debe importarlle

  • O acceso ao coñecemento libre non é un privilexio para uns poucos. É un dereito para todos.
  • O coste e accesibilidade son barreiras á creatividade e coñecemento.
  • As políticas de acceso libre facilitan o acceso ás investigacións a máis xente.

Cremos nun mundo no que todos poidan compartir libremente a suma de todo o coñecemento. Na práctica, isto significa que o coñecemento debería estar dispoñible para todos e ser de libre acceso. Por desgraza non todo o mundo ten a mesma capacidade de acceder ao coñecemento libre no mundo. As restriccións tecnolóxicas, financieiras e legais limitan a capacidade de miles de millóns de xente de compartir sabedoría e aprender libremente.

A día de hoxe, máis do 60% do mundo non ten acceso libre a internet. Sen isto, o seu acceso ao coñecemento libre vese severamente restrinxido. Para moitos, isto é un problema de infraestruturas; para outros, o problema é económico. A pesar do incrible crecemento dos dispositivos móbiles, moita xente simplemente non pode permitirse o luxo dos datos móbiles.

A través de proxectos que ofrecen acceso á Wikipedia sen necesidade de conexión e sen cargos podemos reducir as barreiras de conectividade e custos de datos. Todo este traballo facilita o acceso gratuito a millóns de persoas ao maior recurso colaborativo de coñecemento libre do mundo. Isto permítelle a máis xente contribuír no extenso respositorio de coñecemento da Wikimedia, tanto lendo como facendo contribucións.

As fontes fiables son de importancia crítica para asegurar que os artigos da Wikipedia sexan acertados e reflictan o noso sempre cambiante entendemento do mundo. Porén, a información importante atópase frecuentemente tras muros de pago e restriccións de dereitos de autoría. Estamos a favor das políticas de acceso libre, coma a nosa, que axudan a eliminar as barreiras de pago que limtan o acceso á información valiosa. Cantas máis institucións permitan aos seus investigadores liberar o coñecemento por medios libre, máis coñecemento estará dispoñible para que todo o mundo poda aprendelo, compartilo e, o máis importante, expandilo.

A Fundación Wikimedia asinou a Declaración de Lyon para o Acceso á Información e Desenvolvemento. Ao facer isto, unímonos a moitas outras organizacións que traballan para eliminar as barreiras ao acceso ao coñecemento a través da educación e información libres. Cremos que as institucións públicas responsables de elaborar políticas deben tomar estos temas en conta coma prioridade, en servizo do interés dos seus constituíntes.

Traballando en coordinación con grupos de avogacía de todo o mundo, podemos identificar as maiores barreiras para o acceso libre ao coñecemento, e colaborar a derribalas. Podemos tomar accións concretas, coma educar e influenciar a gobernos e políticos, implementando políticas de acceso libre, e apoiando melloras de infraestrutura en zonas de baixo desenvolvemento. Non é suficiente aumentar os nosos repositorios de coñecemento libre, debemos librar o camiño para que todo o mundo poda acceder ao coñecemento.

Recursos

Censura

"Cando a verdade substitúese por silencio, o silencio é unha mentira."

-- Yevgeny Yevtushenko

Todo o mundo debe ter o dereito de compartir e acceder ao coñecemento libre de censura gubernamental.

Por qué debe importarlle

  • A liberdade para compartir e acceder ao coñecemento e un valor fundamental do movemento Wikimedia.
  • Os gobernos e outras institucións con frecuencia tentan censurar aos proxectos Wikimedia para limitar o acceso da xente á información obxectiva.
  • A censura dos proxectos Wikimedia limita á xente a lectura e creación de coñecemento libre.

A liberdade de expresión é un dos fundamentos do coñecemento libre. A Wikipedia e os proxectos Wikimedia fornecen información valiosa sobre a historia, figuras públicas, cultura e tódolos outros recunchos da sociedade. As comunidades de linguas locais crean coñecemento libre de forma independiente nos proxectos Wikimedia en máis de 200 linguas de todo o mundo. Poden incluír contido que algúns lectores consideran inapropiado ou ofensivo, pero o feito de ser ofensivo sen máis non debe ser nunca base para a eliminación de información veraz. Cremos que calquera en todo o mundo ten un dereito fundamental a compartir e acceder libremente ao coñecemento. Opoñémonos con forza á censura, incluíndo o bloqueo, filtrado e calquera outro esforzo para a eliminación de información lexítima.

Os gobernos e proveedores de servizos de internet teñen censurado a Wikipedia en varios países tanto no contexto global de censura de internet coma na censura dirixida a certa información. Por exemplo, o dominio da Wikipedia ou artigos seleccionados da Wikipedia teñen sido bloqueados no Reino Unido, Irán, Siria e Tunisia nos últimos anos por contidos que as autoridades consideraron sensibles políticamente. Para combatir a censura dirixida, a Fundación Wikimedia asegurou o acceso á Wikipedia e a outros proxectos Wikimedia mediante HTTPS e Strict Transport Security. HTTPS dificulta aos provedores de internet controlar a navegación dos usuarios e censurar selectivamente os artigos e outros contidos.

A Fundación Wikimedia tamén se resiste activamente á censura en forma de peticións de cambio ou eliminación de contidos. Cada ano, recibimos peticións de gobernos, individuos e compañías. Aceptamos moi poucas ou ningunha desas peticións, cumprindo só cando se require legalmente. Tamén recibimos avisos DMCA alegando incumprimento dos dereitos de autor. Analizamos a fondo cada un destes avisos para asegurar que son válidos e que non se está a abusar do proceso DMCA para censurar aos proxectos Wikimedia. Evaluamos a elixibilidade de autorría da obra, a posibilidade de infracción, e a posibilidade de uso lexítimo. Cando debemos eliminar contido por mór dunha petición DMCA, rexistramos a eliminación no noso Informe de Transparencia e publicamos a petición en liña, o que permite a outros facer a mesma análise.

Xa nos puxemos en contra a políticas lexislativas que poderían levar a máis censura en liña. No 2011, a Wikipedia en italiano protestou unha lei en Italia que limitaría a liberdade de expresión. En xaneiro de 2012, a Wikipedia en inglés apagouse coma protesta perante a Stop Online Piracy Act (SOPA) e a PROTECT IP Act (PIPA), que de saír adíante terían limitado a liberdade de expresión en internet. Máis tarde en 2012, a Wikipedia en ruso protestou unha lei rusa que habilitaría a censura de internet. Máis recentemente, a wikipedia en ruso respondeu ante ameazas de censura cun firme compromiso a fornecer información neutral e fiable. Non é suficiente loitar a censura só cando ameaza a Wikimedia. A información é un ecosistema, e a censura en calquer lugar do mundo é perxudicial para o coñecemento libre.

Recursos

Dereitos de autoría

A xente non só lee. Crean, comparten e adaptan. As leis de dereitos de autoría deberían evolucionar para reflictir esta nova realidade.

Por qué debe importarlle

  • Internet non é un medio de só lectura. Debería ter o dereito a crear, compartir e adaptar.
  • As leis de dereitos de autoría deberían reformarse para incrementar o acceso libre de todo o mundo ao coñecemento libre.
  • As obras creadas baixo fondos públicos deberían estar no dominio público.

Todo o mundo ten dereito ao libre acceso ao coñecemento, e a crear, compartir e adaptalo. O coñecemento adaptable pode ser empregado en libros de texto, páxinas web, arte e outras creacións. Estes reusos fan que o coñecemento libre estea máis facilmente dispoñible. Coma resultado, máis xente pode ler e melloralo tódolos días. Xuntos, crean coñecemento que pertence a todo o mundo. A reforma das leis de dereitos de autoría axudarán a facer disto unha realidade en todo o mundo.

Expandir o acceso ao coñecemento significa traballar sobe as limiatacións no acceso a fontes orixinais e secundarias. A iniciativa da Wikimedia GLAM (Galleries, Libraries, Archives, and Museums) traballa para facer dispoñibles activos culturais nos proxectos Wikimedia. Se os activos non están xa no dominio público, publícanse baixo unha licenza libre coma por exemplo unha licenza Creative Commons. Desta forma non só se melloran os proxectos, pero poden reutilizarse nunha ampla variedade de contextos. As licenzas libres, coma as licenzas Creative Commons, poden axudar á xente máis aló dos proxectos Wikimedia, incluíndo en sitios de redes sociais. Isto permítelle a todo o mundo compartir e reutilizar o coñecemento de forma ampla, tanto en liña coma fóra dela.

Nos próximos anos, as leis de dereitos de autoría dos Estados Unidos de América van ser reformadas con toda probabilidade. Este proceso xa está en marcha na Unión Europea. Xa que as leis de dereitos de autoría están a modernizarse para a era dixital, os lexisladores deberían considerar a ampla variedade de novos creadores de contidos da web.

As obras financiadas por entidades públicas deberían pertencer ao público. As obras creadas polos gobernos deberían polo tanto entrar sempre no dominio público. Nos Estados Unidos de América, as obras do goberno federal atópanse automáticamente no dominio público, mentres que moitas obras de gobernos europeos por norma non o están. As leis teñen que ser reformadas para asegurar que as obras públicas sexan realmente públicas, na Unión Europea e no resto do mundo. Cando as obras de distintos tipos entran no dominio público, poden difundirse máis facil e amplamente. Isto da liberdade a calquera para atopar e usar fontes de información importante. Tamén amplía a base de coñecementos da que poden axudarse os membros da comunidade para crear contido nos proxectos Wikimedia.

Ao mesmo tempo que abogamos pola dispoñibilidade de obras no dominio público ou baixo uso lexítimo, tamén promovemos reformas máis específicas. Por exemplo, a comunidade Wikimedia recentemente adoptou unha forte posición sobre a liberdade de panorama na Unión Europea para protexer os dereitos de publicación de fotografías de edificios. Cremos que este dereito debe extenderse a tódalas fotografías de edificios en espazos públicos, para uso comercial e non comerial. Animamos a tódolos países, da Unión Europea e todo o mundo, a instituír os dereitos de liberdade de panorama.

Os usuarios da Wikipedia son autores, creadores e artistas que escollen compartir libremente a súa obra con outros. Internet da poder á xente para compartir, adaptar e reinterpretar obras de formas que previamente non se consideraban posibles. As leis de dereitos de autoría necesitan protexer estos dereitos. Para ese fin, pedimos períodos de dereitos de autoría máis cortos e excepcións de uso lexítimo máis fortes e comprensivas, liberdade de panorama global e máis apoio a licenzas libres. A xente debería ser libre de comentar ou adaptar unha obra sen medo a violar accidentalmente unha lei de dereitos de autoría.

Recursos

Responsabilidade de intermediarios

A lei debería permitir ás plataformas de internet permanecer lonxe de decisións editoriais para que a xente poda compartir e comunicarse libremente.

Por qué debe importarlle

  • Os proxectos Wikimedia son plataformas neutrais onde debería ser posible comunicarse e compartir ideas libremente.
  • A xente pode comunicarse libremente só cando a lei protexe as editoriais neutrais e proveedores de aloxamento web.
  • Non se debe exisir que as páxinase web patrullen o contido xerado polos usuarios.

Os proxectos Wikimedia constrúense e manteñense por xente extraordinaria de tódolos lugares do mundo. Contribúen en forma de texto e imaxes, desenvolven e dan apoio a políticas editoriais, e resolven disputas cando ocorren. A Fundación Wikimedia aloxa e da soporte aos proxectos Wikimedia, pero non controla o que a xente escribe e contribúe nos proxectos. Os proxectos Wikimedia son plataformas neutrais e abertas onde a xente é libre de aprender e compartir coñecemento.

As plataformas neutrais en liña e os publicadores son un compoñente crítico para o libre intercambio de coñecemento, na Wikipedia e calquera outro sitio. Os proxectos Wikimedia teñen centos de edicións por minuto, cun total de miles de millóns de edicións dende que os proxectos foron fundados. Sendo unha organización sen ánimo de lucro, a Fundación Wikimedia só é capaz de aloxar unha certa cantidad de contido que evoluciona rápidamente, debido á protección de responsabilidade de intermediarios. Esta protección fornece un porto seguro, ou exención de responsabilidade, para o contido aloxado xerado por usuarios en moitas circunstancias.

Nos Estados Unidos e Europa, as leis coma a Sección 512 da Digital Millennium US Copyright Act (DMCA), Sección 23 da US Communications Decency Act (CDA Section 230), e a Directiva Europea de Comercio Electrónico son esenciais para asegurar esta neutralidade. Fornecen unha inmunidade crucial sobre responsabilidade intermediaria que permite á Fundación Wikimedia aloxar a Wikipedia e outros proxectos coma unha plataforma neutral. Se a lei non fornecera este porto seguro, moitos sitios, incluíndo os proxectos Wikimedia, non poderían aloxar as contribucións dos usuarios.

É relativamente raro que se lle requira á Fundación Wikimedia eliminar contido ilegal. Os membros da comunidade Wikimeda traballan de forma eficiente para previr a violación de dereitos de autor e a inclusión de outros contidos ilegais nos proxectos Wikimedia e resolver rápidamente calquera outro problema de contido. Cando a Fundación Wikimedia responde os casos contados de peticións de eliminación que recibe, documéntanse no noso Informe de Transparencia bi-anual.

Incrementar a responsabilidade dunha plataforma para vixiar e eliminar proactivamente o contido xerado por usuarios fará imposible que a cultura libre e os grupos de fontes libres medren coma comunidades en liña. Necesitamos adpotar novos desenvolvementos nesta área da lei, explicar como afectan ás plataformas neutrais coma a Wikipedia, e defender os portos seguros cando señan atacados.

Recursos

Privacidade

Todo o mundo debe ser libre de ler e escribir sen que os gobernos espíen ás súas costas.

Por qué debe importarlle

  • A privacidade é esencial para a nosa liberdade intelectual: ler, escribir e investigar.
  • A xente debe ser libre de ler e escribir sen medo a que os gobernos ou axencias de publicidade espíen ás súas costas.
  • A privacidade pode ser unha preferencia persoal imporante incluso para aqueles que non teñen nada que agochar.

A privacidade é a base do coñecemento libre. Sostén a liberdade de expresión e asociación, que á súa vez habilitan a indagación, diálogo e creación. A privacidade é esencial para a visión de Wikimedia de dar poder a todo o mundo para compartir a suma de todo o coñecemento humano. A xente non debería ter que mirar por riba do hombro antes de buscar información, pausar antes de contribuír con artigos controvertidoss, ou absterse de compartir información impopular pero verificable.

Os proxectos Wikimedia serven de plataforma para que xente de todo o mundo comparta e estude o coñecemento. Algunhas veces, a xente pode necesitar permanecer no anonimato por motivos persoais ou políticos mentres contribúen en proxectos Wikimedia. Wikimedia permitelle á xente editar baixo un seudónimo, sen fornecer ningunha información persoal, ou incluso sen crear unha conta. O anonimato e a seudonimia poden protexer á xente perante a retaliación por contribuír en proxectos Wikimedia.

A xente tamén necesita sentirse segura de que poden ler a Wikipedia sen medo a que o goberno ou outras terceiras partes os vixíen. En xuño de 2015, a Fundación Wikimedia implantou o protocolo HTTPS para encriptar todo o tráfico desde e ata os proxectos Wikimedia. Tamén empregamos HTTP Strict Transport Security, que da instruccións aos navegadores web de só interactuar cos proxectos Wikimedia baixo unha conexión encriptada, protexendo así contra esforzos de rachar o protocolo HTTPS para interceptar o tráfico de datos.

Os proxectos Wikimedia non están illados. As prácticas de privacidade doutros sitios con fontes fiables impactan a misión Wikimedia de recolectar e compartir coñecemento. Para que os nosos proxectos de coñecemento libre funcionen, precisamos seguridade e privacidade en todo internet para que os editores e lectores podan investigar libremente as fontes necesarias para construír a Wikipedia.

En particular, os usuarios de internet non poden someterse a vixilancia masiva, que limita a curiosidade intelectual e a creatividade. A privacidade é un dereito fundamental recoñecido baixo a lei internacional coma a International Covenant on Civil and Political Rights (Article 17) e a Declaración Universal de Dereitos Humanos (Artigo 12). A vixiancia masiva indiscriminada viola este dereito fundamental. Opoñémonos con firmeza á vixiancia masiva por parte de calquera goberno ou entidade. Con ese propósito, asinamos os Principios Necesarios e Proporcionados na aplicación dos dereitos humanos na vixiancia que require que os gobernos respeten os principios básicos coma:

  • Proporcionalidade: A necesidade de vixiancia debe medirse con coidado polas implicacións de dereitos de privacidade e liberdade de expresión.
  • Notificación ao usuario:Aqueles individuos que sexan obxectivo de vixiancia deben ter suficiente tempo e información para apelar a decisión.
  • Transparencia: Os gobernos deben ser transparentes no alcance da súa vixiancia e as técnicas empregadas.
  • Integridade da comunicación e sistemas: Os gobernos non deben requirir aos proveedores de servizos de internet ou aos fabricantes de hardware e software que inclúan capacidades de vixiancia nos seus sistemas.

Recursos