Translations:Help:Recent changes/5/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

De esquerda a dereita:

  • "diff" liga ao diff da edición. Non está dispoñible para páxinas novas ou movementos de páxinas.
  • A ligazón "hist" corresponde á ligazón do Historial da páxina editada. Non só amosa esa edición senón que tamén se inclúen edicións máis vellas e máis novas. Para movementos de páxinas, a ligazón hist amosa o historial da nova páxina.
  • Unha m en letra grosa indica que o usuario marcou a edición coma "menor". Só os usuarios rexistrados poden marcar as edicións coma menors, para evitar posibles abusos.
  • Unha N en letra grosa indica que a páxina é "nova", é dicir, non existía previamente. É posible que unha edición amose ámbolos dous indicadores de "menor" e "nova", habitualmente empregado en novas redireccións.
  • Unha b en letra grosa indica que a edición foi feita por un bot (unha conta con bandeira de bot), ou que a edición foi agochada por un administrador.
  • Unha ! en letra grosa indica que a páxina non foi patrullada. Para máis información neste tema vexa Patrolled Edit.
  • A seguinte ligazón é unha ligazón á versión actual da páxina en cuestión.
  • 10:06 refírese á marca de tempo en UTC. Pode cambiar o tempo á súa franxa horaria nas súas preferencias - vexa como cambiar as preferencias.
  • (+1,864) (habitualmente un número en verde con un +, ou en vermello con un -) indica o número de bytes que se engadiron ou eliminaron na edición.
    • O número amósase en letra grosa cando se engaden ou eliminan máis de 500 bytes.
  • Para usuario rexistrados, a seguinte ligazón é unha ligazón á súa páxina de usuario. Para usuarios non rexistrados , ligase á súa páxina de Contribucións do usuario.
  • Finalmente, amósase unha ligazón á páxina de conversa do usuario.
  • Para movementos de páxinas, dáse unha ligazón para ámbalas dúas páxinas, a nova e a vella.