Colaborador de Wikimedia en residencia

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Wikimedian in residence and the translation is 93% complete.

Other languages:
English • ‎dansk • ‎español • ‎français • ‎galego • ‎occitan • ‎português do Brasil • ‎العربية

A documentación dos roles Colaborador de Wikimedia en residencia ou Wikipedista en residencia (WiR) está distribuída en varias wikis, incluíndo:

Os primeiros wikipedistas en residencia estiveron en institucións GLAM (galerías, bibliotecas, arquivos e museos), pero o rol expandiuse, por exemplo:

Cales son os requisitos e expectativas dun wikipedista en residencia, o seu empregador e a comunidade?

Requisitos e expectativas

Rol

Un colaborador de Wikimedia en residencia é distinto tanto dun editor pagado como dun líder de proxecto ou participante, sen importar se os membros do segundo grupo teñen unha organización patrocinadora.

As preocupacións por conflitos de interese están ben documentadas, comprendidas, explicadas e controladas, así que podemos deixalas de lado nesta conversa. Organizacións GLAM, non GLAM ou comerciais poden empregar editores pagados (xente que cuxo traballo, parcial ou totalmente, consiste en editar a Wikipedia e dar seguimento a Wikimedia en xeral). O papel dun colaborador de Wikimedia en residencia é diferente destes dous tipos de contribución.

Funcións como interceder, negociar, crear relacións, adestrar e asesorar, entre outras, son criterios centrais para un colaborador de Wikimedia en residencia. Polo contrario, é pouco probable que un editor pagado ou un líder de proxecto/editor teñan esas responsabilidades. Máis aínda, as organizacións poderían, e algunhas xa o fixeron, asignar ós seus empregados a tarefa de editar artigos de Wikipedia de forma independente da comunidade. Aínda que algunhas o fixeron de mala fe, o Museo Nacional de Australia é un exemplo dunha organización que o fixo de forma produtiva e correcta. No caso dos editores ou líderes de proxecto pagados, a súa organización non estaría contenta de pagarlles para traballar en áreas que non foran autorizadas polos seus supervisores, por exemplo editando noutras áreas de Wikipedia ou iniciando negociacións entre departamentos. Desde o punto de vista das relaciones industriais, a distinción é comparable á dun consultor (ou contratista independente) e un empregado.

Axuste

Aparte da relación do individuo coa organización e o alcance do seu papel, outra razón importante para ter unha idea clara do que constitúe un colaborador de Wikimedia en residencia é o efecto que ten nas habilidades necesarias para realizar o traballo e o axuste coa organización involucrada. No seu momento, un axuste apropiado de habilidades e expectativas é crítico para o éxito.

Éxito

O éxito dun colaborador de Wikimedia en residencia avaliarase de forma diferente ó éxito dos outros dous grupos. É posible que o éxito dos editores pagados e participantes do proxecto sexa xulgado polo número de artigos, edicións, ligazóns ou visitas que se xeren como resultado dos seus esforzos. Para un colaborador de Wikimedia en residencia, o éxito é máis complexo. Ademais de medidas cuantitativas, haberá medidas cualitativas do éxito, tales como a mellora das relacións e a disposición das organizacións asociadas de continuar.