Editatón en liña de mulleres escritoras de 2025
| Páxina principal | Participantes | Lista de artigos |
Dende 2016, concretamente ao redor do 15 de outubro, varias institucións culturais celebran o Día das Mulleres Escritoras, unha iniciativa que ten como obxectivo reivindicar e salientar o legado cultural das mulleres escritoras.
A través do Editatón de Mulleres Escritoras queremos continuar contribuíndo á redución da fenda de xénero na Wikipedia, dando máis visibilidade ás mulleres escritoras, xornalistas e tradutoras, o seu traballo e legado, en diferentes linguas da Península Ibérica. Por iso, propoñemos unha edición en liña e multilingüe para mellorar o contido sobre escritoras en éuscaro, catalán, galego, portugués e castelán. Axúdanos a aumentar a información e a visibilidade deste tema na enciclopedia libre, para que chegue a máis persoas. Participa entre o 1 e o 15 de outubro creando ou mellorando artigos.