Política de protección de datos dos doantes

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to: navigation, search
This page is a translated version of a page Donor policy and the translation is 100% complete.

Other languages: العربية 100% • ‎অসমীয়া 6% • ‎български 100% • ‎čeština 15% • ‎dansk 100% • ‎Deutsch 100% • ‎Deutsch (Sie-Form)‎ 100% • ‎Zazaki 49% • ‎English 100% • ‎Esperanto 19% • ‎español 100% • ‎euskara 6% • ‎فارسی 51% • ‎suomi 96% • ‎français 100% • ‎galego 100% • ‎italiano 100% • ‎日本語 100% • ‎한국어 6% • ‎Ripoarisch 2% • ‎Lëtzebuergesch 47% • ‎lingála 17% • ‎македонски 100% • ‎Nederlands 100% • ‎occitan 2% • ‎ਪੰਜਾਬੀ 19% • ‎polski 15% • ‎پښتو 17% • ‎português 100% • ‎português do Brasil 100% • ‎русский 100% • ‎svenska 17% • ‎Kiswahili 100% • ‎Türkçe 2% • ‎українська 100% • ‎ייִדיש 9% • ‎中文(简体)‎ 100% • ‎中文(繁體)‎ 100%

Carta de dereitos dos doantes[edit]

Recoñecemos a carta de dereitos dos doantes.

A filantropía baséase na acción voluntaria polo ben común. Trátase dunha tradición de dar e compartir esencial para a calidade de vida. Para garantir que esa filantropía ten a confianza e o respecto do público xeral, e que os doantes actuais e futuros poidan ter confianza plena nas organizacións sen fins lucrativos e nas causas que piden apoiar, declaramos que todos os doantes teñen estes dereitos:

  1. Estar informados da misión da organización, do modo no que a organización trata de usar os recursos doados e da súa capacidade de utilizar as doazóns de xeito efectivo para os seus fins previstos.
  2. Estar informados da identidade daquelas persoas que conforman o consello administrativo da organización e agardar que o consello exerza con prudencia as súas responsabilidades.
  3. Ter acceso aos informes financeiros máis recentes da organización.
  4. Ter a seguridade de que os seus agasallos han usarse para os obxectivos aos que están destinados.
  5. Recibir o recoñecemento e agradecemento axeitados.
  6. Estar seguros de que a información sobre as súas doazóns se xestiona co respecto e a confidencialidade establecidos pola lei.
  7. Agardar que toda relación con individuos que representen organizacións de interese teñan un carácter profesional.
  8. Estar informados sobre se os que solicitan as doazóns son voluntarios, empregados da organización ou sociedades de colecta de doazóns.
  9. Ter a oportunidade de borrar os seus nomes das listas de correo electónico que unha organización teña a intención de compartir.
  10. Ter a liberdade de realizar preguntas ao facer a doazón e recibir respostas rápidas, veraces e directas.

O texto desta declaración foi integramente elaborado pola Asociación de Profesionais da Recadación de Fondos (Association of Fundraising Professionals, AFP), a Asociación pola Filantropía na Área de Saúde (Association for Healthcare Philanthropy, AHP), o Consello para o Avance e Apoio da Educación (Council for Advancement and Support of Education, CASE) e o Instituto de Doazóns: Consultores de Primeira Orde para Organizacións non Lucrativas (Giving Institute: Leading Consultants to Non-Profits).

A política da Wikimedia sobre a protección de datos dos doantes[edit]

O contido desta páxina é unha política oficial aprobada polo Consello de Administración da Fundación Wikimedia. A Wikimedia mantén o maior nivel de respecto nos temas relacionados coa protección de datos dos seus doantes. Ademais do noso compromiso cos seus dereitos, desenvolvemos esta política de protección de datos para guiar o noso persoal e os nosos voluntarios sobre como poden e non poden empregar a súa información persoal.

Que información recollemos[edit]

Wikimedia. Usamos a información persoal que recollemos dos doantes co obxectivo de procesarmos os pagamentos e comunicármonos cos doantes en relación á Wikimedia, así como para xestionar as campañas de recadación de fondos e outras operacións da Wikimedia. Esta información pode incluír o nome, a cantidade doada, o enderezo, o número de teléfono, os comentarios do doante, o enderezo de correo electrónico e outra información persoal que se nos proporcionase ("datos do doante"). Para as doazóns mediante cheque, os datos do doante inclúen os datos visibles no cheque.

Como parte da nosa vontade de ofrecer unha experiencia en liña á altura das expectativas dos nosos doantes, almacenamos diversos datos habituais como resultado das operacións web (entre os que se atopan cadeas de axente de usuario, enderezos IP, cadeas de orixe de referencia e cookies). Podemos empregar estes datos para cumprir os propósitos descritos nesta política, como para necesidades analíticas e melloras da funcionalidade do noso sitio web. Facemos un uso limitado das cookies, incluídas as cookies de terceiros (as cookies dos procesadores de pagamentos), para termos un seguimento das sesións, axudar ao almacenamento de datos e cumprir o conxunto de obxectivos desta política. Pode evitar ou borrar as nosas cookies modificando a configuración do seu navegador, aínda que isto afectará posiblemente ao funcionamento da páxina web.

Procesadores de pagamento e outros provedores de servizos. Os procesadores de pagamento permiten aos doantes facer as doazóns de xeito electrónico mediante unha conta de servizos de pagamento, unha tarxeta de crédito ou outro método de pagamento. Estes procesadores recollen certa información dos doantes e cadaquén debe consultar as respectivas políticas de protección de datos para determinar as súas prácticas.

Co fin de proporcionar aos doantes a mellor experiencia posible, traballamos con provedores de servizos e podemos compartir ou transmitir datos e outra información. Estes servizos inclúen, por exemplo, instalacións de colocación e provedores de ancho de banda así como organizacións que axudan as organizacións sen fins de lucro coas campañas de recadación.

Como empregamos esa información[edit]

Datos dos doantes. Os datos dos doantes pódense empregar para este tipo de propósitos:

  • Distribución de recibos e agradecemento aos doantes polas súas achegas
  • Informar aos doantes sobre novas campañas de recadación de fondos e outras actividades da Wikimeda
  • Análise interna, como estudos e analíticas
  • Mantemento de rexistros
  • Informar ás axencias gobernamentais pertinentes se así é necesario por lei
  • Enquisas, medida de estatísticas e outros fins analíticos
  • Outros propósitos relacionados coas operacións da recadación de fondos

A menos que se estableza o contrario, non publicamos, vendemos, comerciamos ou alugamos os datos dos doantes. Podemos utilizar información dos doantes de xeito anónimo para temas promocionais e actividades da campaña de recadación de fondos. Os comentarios dos doantes pódense publicar e usar como material promocional. Podemos empregar a información dispoñible para complementar os datos dos doantes co fin de mellorar a información que usamos para dar un pulo aos nosos esforzos na campaña de recadación. No proceso de doazón, podemos permitir aos doantes a opción de asociar publicamente o seu nome coa súa doazón salvo que se indique o contrario.

Usamos datos reunidos polos procesadores de pagamento e outros provedores de servizos unicamente cos fins descritos nesta política.

Información financeira[edit]

Forma parte da nosa política interna limitar o acceso á información financeira aos empregados profesionais e voluntarios que necesitan procesar a devandita información para os fins descritos anteriormente. A información financeira persoal non é obxecto de venda ou comercio con terceiras partes.

Facemos uso de servizos alleos a nós que procesan os pagamentos. En xeral, as políticas de protección de datos destas organizacións están presentes nas súas respectivas páxinas web e tamén durante o proceso de doazón. Se realiza o pagamento mediante tarxeta de crédito, nós non almacenamos a información da súa tarxeta de crédito, dos números de conta bancaria ou de calquera outros datos financeiros da súa conta enviados directamente a estes servizos de procesamento.

Aquelas doazóns á Wikimedia feitas mediante cheque van a unha caixa bancaria de seguridade. Isto proporciona un alto nivel de seguridade e confidencialidade.

Contacto[edit]

Se ten preguntas sobre esta política de protección de datos ou solicitudes acerca do estado e nivel de corrección dos seus datos persoais, envíe un correo electrónico a donate <arroba> wikimedia.org ou escriba ao seguinte enderezo:

Wikimedia Foundation Inc.
149 New Montgomery Street, 3rd Floor
San Francisco, CA 94105
USA

Se quere facer unha doazón mediante un cheque, envíe o cheque a este enderezo:

Wikimedia Foundation, Inc.
P.O. Box 98204
Washington, DC 20090-8204
USA
Note: donations by check are processed directly at our centralized lockbox location which is in Washington, DC.

Seguridade[edit]

Comprometémonos a protexer a información persoal dos doantes do acceso non autorizado, alteración, exposición ou destrución. Entre outras cousas, adoptamos medidas de seguridade destinadas a salvagardar o acceso web a datos confidenciais e esforzámonos en combater a vulnerabilidades de seguridade de varias ferramentas e bases de datos.

Outras publicacións de datos[edit]

Podemos revelar información en caso de que se necesite por lei, co fin de protexer os nosos dereitos, seguridade ou usuarios, e en caso de que sexa necesario facer cumprir os nosos termos de uso.

Actualizacións[edit]

Podemos modificar a política de protección de datos dos doantes de cando en vez. Calquera cambio realizado nela quedará reflictido nesta páxina. Todo cambio substancial pode anunciarse tamén a través dos mecanismos habituais cos que nos comunicamos cos nosos usuarios e comunidade. Recomendamos revisar periodicamente esta páxina para consultar calquera cambio feito na política actual.

Destino dos datos[edit]

A Wikimedia é unha organización mundial. Ao facer unha doazón, acepta transferir a información recollida aos Estados Unidos de América e outros lugares no suposto de que fose necesario cumprir o conxunto de propósitos e obxectivos detallados anteriormente.

Retención de datos[edit]

Procuramos reter unicamente a información relacionada cos doantes o tempo xusto para cumprir os propósitos descritos nesta política, a menos que sexa necesario mantelos durante máis tempo por necesidade da lei. Por exemplo, as leis de impostos dos Estados Unidos de América e do estado de Florida poden obrigar á Fundación a manter nun ficheiro a información de contacto e a cantidade da súa achega.

Dereitos[edit]

Goza de certos dereitos con respecto á información que recollemos sobre vostede. Baixo solicitude, indicarémoslle a información que temos gardada sobre vostede e corrixiremos calquera erro. Tamén pode facer uso do seu dereito de eliminar a súa información se así o solicita, a menos que esteamos obrigados a gardala.

Alcance[edit]

Esta política, en particular, aplícase á entidade que a publica. Se visita a páxina de doazóns da Wikimedia desde un lugar que dispoña dun capítulo local, é posible que sexa redirixido (aínda que non necesariamente) á páxina web dese capítulo. Os capítulos locais son independentes e poden posuír políticas e prácticas diferentes dependendo dos requirimentos legais do lugar e outras consideracións. Dos capítulos locais que participan na campaña de recadación de fondos agárdase, con todo, que se adhiran aos principios xerais establecidos nesta política. Esta política non abrangue os datos recollidos por medio doutras fontes máis aló das doazóns, como as edicións ou contribucións de contidos aos proxectos ou ás características.

Última actualización: setembro de 2011
Política anterior (xullo de 2011) (como referencia)
Política anterior (2009) (como referencia)