Fundraising 2011/Kaldari Letter/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Translation instructions
  • For pages marked "Missing" or "In progress", click the page title and start translating. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • For pages marked "Needs updating", compare the page to the source page and update the translation accordingly. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • It is important to have someone else proofread the translated page! If you have proofread a page and it is ready for publication, click "edit status" and change that page's status to ready.
  • If you are changing something that has already been published, change its status back to ready for it to be published again.

If you have any questions or feedback regarding the translation process, please post them here. Translation FAQ

A internet adoitaba ser fantástica.

Antes había moita diversidade na rede, "nos vellos tempos" polos anos 90. Isto creaba un maior sentimento de comunidade de xente interesante no canto de, xa sabes, televisión glorificada, que é o que semella basicamente hoxe en día para min.

Fun un dos voluntarios que crearon a Wikipedia. E hai tempo que decidimos que compartir información e educar a xente é máis importante que gañar cartos. Este é o motivo que levou a estruturar a Wikipedia en torno a unha organización sen fins de lucro; isto, entre outras cousas, significa que nunca incluiremos publicidade.

Cómpre diñeiro para manter os servidores en funcionamento e para pagar un pequeno persoal. Pero en vez de deixármonos influenciar por anunciantes e temas financeiros optamos por facer unha petición anual aos nosos lectores para que axudasen cos seus cartos a unha comunidade real de xente que representa algo diferente na internet. Por favor, fai un agasallo de 5, 10 dólares ou aquela cantidade que poidas.

Despois de anos editando a Wikipedia, finalmente convertinme en membro do persoal como desenvolvedor de software. E podo dicir que as infraestruturas que manteñen a Wikipedia son das máis austeras que se poden atopar.

Google ten preto dun millón de servidores. Yahoo está ao redor dos 13.000 empregados. Nós contamos con 679 servidores e 95 empregados.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada, e dá servizo a 470 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

A mellor parte de doar 10 dólares á Wikipedia é que ese diñeiro se multiplica enormemente. Se eses 10 dólares axudan a pagar o salario dun desenvolvedor, que logo desenvolve unha ferramenta que permite que 1.000 voluntarios fagan algo xenial na Wikipedia, esa insignificante cantidade facilitou que se fixesen moitas máis cousas ca noutras páxinas web.

A túa doazón axudará a mellorar a Wikipedia e servirá tamén para asegurarse de que, polo menos, esta parte da internet siga a ser fantástica.

Grazas,

Ryan Kaldari
Programador da Wikipedia