Talk:Wikimedia España/Encuentro de wikimedistas en Galicia/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

Benvidos[edit]

Saúdos para tódolos interesados neste encontro, esperamos as vosas propostas e comentarios. A páxina de discusión compártese entre a páxina en castelán e a de galego para centralizar no mesmo sitio tódolos comentarios. Si alguén necesita algunha aclaración que non dubide en comentala eiquí. Un saúdo, --Elisardojm 09:36, 2 February 2010 (UTC)[reply]

¿E se fai ou non? Por min a data do 20 parece ben, pro non sei en que rematou isto. Saudiña. --Ensada 12:39, 11 February 2010 (UTC)[reply]
Si :), parece que si e que será o 20 porque o encontro de Bilbao está fixado para ese día porque teñen reservado un local na ETB, e así desa forma, poderíamos conectarnos con Skype ou IRC. Saúdos, --Elisardojm 00:09, 12 February 2010 (UTC)[reply]
Bon, xa avisaredes, mellor no meu correo, que o reviso mais veces. Saúdos. --Ensada 01:35, 15 February 2010 (UTC)[reply]
Pois ó final non está claro qué día será porque aínda faltan por responder varios usuarios, pero non te preocupes que avisaremos directamente a todo o mundo. Saúdos, --Elisardojm 01:49, 15 February 2010 (UTC)[reply]


Xente!! Pois a ver, a min venme fatal calquera dos días porque estou en Madrid, pero se decidides un día, collo e pillo un avión esí ao tolo e intento ir eí, aínda que sexa unha paliza mortal. Saúdos!! --Chuck es dios 21:37, 1 March 2010 (UTC)[reply]

Boas, eu estiven demasiado liado estas últimas semanas e non puden seguir todo isto día a día... A cousa sigue para adiante pero estou tentando animar a algunha xente máis da galipedia, por iso non teño claro aínda qué data será. O que se comentou fai tempo foi na posibilidade de facer o encontro ó mesmo tempo por IRC ou Skype, pero non sei cómo facelo técnicamente. O ideal sería facelo con skype porque é máis directo, tentarei buscar máis información ó respecto porque hai un par de usuarios que da galipedia que están fóra de España e que tamén lles inteteresa. ¿Alguén sabe cómo se podería organizar para usar o Skype?. Saúdos, Elisardojm (discusión) 09:55 5 mar 2010 (UTC)

Conexión mediante Skype[edit]

Boas, durante o encontro imos abrir unha multiconferencia usando Skype para os que queran participar e non teñan posibilidade de asistir físicamente. O único problema, a priori, é que só permite conectar 5 usuarios ó tempo, esperemos que cheguen. Por outra banda, si alguén coñece outro programa do estilo, barato e sinxelo, que permita multiconferencia de máis usuarios será benvida a suxerencia. Tamén sería interesante que os que queran usar este sistema me avisen para levar conta da xente que o vai a usar. Tentarei que a conexión de Skype se faga uns vinte minutos antes de comezar a reunión para dar tempo a resolver eventuais problemas e non interferir coa reunión. Os que queran poden contactar comigo para facer probas ou si necesitan algunha aclaración. Saúdos a todos, --Elisardojm 21:47, 6 March 2010 (UTC)[reply]

Data final[edit]

Dado que a todos podemos asistir o sábado 10 pola mañá a data queda fixada para ese día, saúdos a todos, --Elisardojm 09:23, 5 April 2010 (UTC)[reply]

Eu intentarei conectarme ao Skype, porque non atopei ningún billete pra esa data. Isto de ser mileurista é unha merda. Ídesvos conectar?? --Chuck es dios 22:57, 7 April 2010 (UTC)[reply]
Si claro, si todo funciona como debe faremos a conexión a través de skype para comunicar ós que estamos na reunión cos que se conecten por skype. Antes da reunión tes que agregarme ós teus contactos para que poda meterte no alias da multiconferencia, busca no skype elisardojm. Xa falamos o sábado. Saúdos, --Elisardojm 20:48, 8 April 2010 (UTC)[reply]