Step-by-step chapter creation guide/gl
en (original) | ar | bn | ca | el | es | fr | gl | he | id | ja | ko | ms | pt | sl | zh-hans | translate me +/-
| Necesítase unha actualización! Esta páxina necesita ser actualizada. Sincronice este documento co orixinal, Step-by-step chapter creation guide, para manter este actualizado! |
Este documento tenta ser unha introdución doada ao proceso de creación de capítulos. Aínda que probabelmente non é exhaustiva e non ten en conta diferenzas entre xurisdicións, é a primeira parada para alguén que estea a pensar en formar un Capítulo de Wikimedia.
Por favor, decátese de que nalgunhas circunstancias pode ser posíbel (ou preciso) tomar outro vieiro na creación do capítulo. Podería querer consultar ó Comité de Capítulos sobre variacións no procedimento.
Contents |
Paso 1: Reúna xente [edit]
Nun nivel básico, os capítulos son xente - un grupo, unido xeográficamente, que quere contribuír e axudar aos proxectos Wikimedia como un todo, indo alén da edición.
As leis do seu pais poden requerir un número determinado de persoas que participen da creación dunha asociación. Asegúrese de que o seu grupo ten o número requerido de persoas antes de continuar.
Paso 2: Redacte os estatutos [edit]
Este é, de lonxe, a parte máis importante da creación dun capítulo.
Os estatutos (regulamentos, o calquera que sexa o nome deste documento no teu idioma) debe definir as metas e obxectivos da túa asociación en tempo e espazo. Deben ser precisos e ir ao grán. Evite definicións que sexan demasiado vagas ou restritivas.
Cando escriba os estatutos, ten que ter en conta varios factores (na orde dada embaixo):
- as leis do teu país
- Os requisitos para a creación de capítulos da Wikimedia Foundation
- as metas primarias da súa organización concorden con queles da Wikimedia Foundation, por exemplo, promover o contido libre e axudar aos proxectos Wikimedia.
- onde sexa posíbel, estabelecer unha organización sen ánimo de lucro (ou un estatus que permita tender cara ela)
- evitar ligazóns ou influencias de grupos ou estamentos políticos que non estean relacionados co ámbito dos proxectos Wikimedia.
- A guía para a creación de capítulos da Wikimedia Foundation
Para asegurarse de que isto está observado nos estatutos, aconsellámole que se inspire primeiro en estatutos doutras organizacións do seu país, e que as adapte ás guías e requisitos de Wikimedia. Non tente traducir os estatutos doutros Capítulos de Wikipedia, xa que a lexislación difire dun país a outro, e o que pode semellar evidente nun país, pode non ter sentido noutro.
Se ten un avogado no seu grupo, asegúrese de que el/ela é un/unha dos redactores/redactoras principais, e lembre que vostede é o responsábel derradeiro do cumplimento da lexislación local.
En cada parte do proceso, non dubide en pedirlle consello ao Comité de Capítulos ou aos membros de capítulos xa formados.
Paso 3: Envíe os estatutos ao Comité de Capítulos para a súa aprobación [edit]
Cando os seus estautos estean preparados (pero antes de que fagas nada que poida facer a súa asociación oficial, como abrir unha conta bancaria, convocar unha asemblea fundacional, rexistrarse perante as autoridades, etc.!!), debe traducilos ao inglés e envialos ó Comité de Capítulos para a súa aprobación.
O Comité de Capítulos podería pedir unha tradución xuríduca dos estatutos, nese caso, serán eles quenes provirán do presuposto preciso para traducir os estatutos.
O Comité de Capítulos revisará os seus estatutos e os enviará á Xunta Directiva da Wikimedia Foundation para aprobar a creación da vosa organización como capítulo de Wikimedia.
Os detalles deste proceso danse no documento de proceso de aprobación de capítulos.
Paso 4: Rexistro perante as autoridades [edit]
Unha vez que recibiran a aprobación da Wikimedia Foundation, poden continuar e rexistrar a súa asociación do xeito estándar no seu país.
Decátense de que neste paso, mentres o capítulo está a crearse, pódense asinar varios acordos entre a Wikimedia Foundation e o capítulo.
Paso 5: Consiga algúns cartos [edit]
Neste momento probabelmente precisarán dalgúns cartos. Poderían ter que pagar impostos de rexistro, preparar unha conta bancaria, etc. A primeira fonte de financiamento debe ser a comunidade que está detrás da súa organización (por exemplo, se prepararon unha organización de socios, agora é o momento de recadar cuotas)
Se requiren mais cartos dos que poden agardar reunir do seu grupo dun xeito razonábel, poden pedirlle ao Comité de Capítulos que lles aporten fondos adicionais para poñerse en camiño.
Paso 6: Adiante! [edit]
Todo listo! Xa poden adicarse aos obxectivos do seu capítulo e a promover os proxectos de Wikimedia no seu país.
Se queren pistas sobre posíbeis proxectos, sempre poden ollar o que outros capítulos xa fixeron ou estan a facer.
Lembren, sempre poden pedir axuda ao Comité de Capítulos e a outros capítulos.
Boa sorte!