Política de protección de datos/Definicións
Cando dicimos... | ... queremos dicir: |
---|---|
"a Fundación Wikimedia"/"a Fundación"/"nós"/"os nosos"/"as nosas" | A Fundación Wikimedia, Inc., a organización sen fins de lucro que opera os Proxectos da Wikimedia. |
"Proxectos da Wikimedia"/"Sitios da Wikimedia"/"os nosos servizos" | Os sitios e servizos da Wikimedia (independentemente da lingua), incluíndo os nosos proxectos principais, como a Wikipedia e a Wikimedia Commons, así como as aplicacións móbiles, as interfaces de programación, os correos electrónicos e as notificacións; excluíndo, porén, os sitios e servizos enumerados na sección "O que esta política de protección de datos non cobre". |
"vostede"/"o seu"/"a súa" | Vostede, sen importar se é un individuo, un grupo ou unha organización, e independentemente de se está a usar os Proxectos da Wikimedia ou os nosos servizos en nome propio ou en nome doutra persoa. |
"esta Política"/"esta política de protección de datos" | Este documento, titulado "Política de protección de datos da Fundación Wikimedia". |
"contribucións" | O contido que vostede engade ou as modificacións que fai en calquera dos Proxectos da Wikimedia. |
"información persoal" | A información que nos achega ou a información que recollemos de vostede e que pode empregarse para identificar a súa persoa. Dito claramente, aínda que non recollemos necesariamente todos os seguintes tipos de información, consideramos que, polo menos, a seguinte é "información persoal" se, doutro xeito, non é pública e pode empregarse para a súa identificación: (a) nome real, enderezo, número de teléfono, enderezo electrónico, contrasinal, número de identidade, enderezo IP, información do axente de usuario, número da tarxeta de crédito; (b) cando estean asociados a algún dos elementos da subsección (a), calquera dato confidencial, como a data de nacemento, sexo, orientación sexual, orixes raciais ou étnicas, estado marital ou familiar, condicións médicas ou discapacidades, afiliación política e relixión; e |
"terceiros"/"terceiras partes" | Persoas, organizacións, sitios web, servizos, produtos e aplicacións que a Fundación Wikimedia non controla, xestiona ou opera. Estes inclúen a outros usuarios da Wikimedia e organizacións independentes ou grupos que axudan a promocionar o movemento Wikimedia, tales como os capítulos da Wikimedia, as organizacións temáticas e os grupos de usuarios, así como os voluntarios, os traballadores, directores, oficiais, bolseiros e contratistas desas organizacións ou grupos. |