Política de protección de datos/Resumo
Jump to navigation
Jump to search
Outdated translations are marked like this.
Quere axudar coas traducións? Traduza as mensaxes que faltan.
Privacy Policy
Este é un resumo da política de protección de datos. Para ler os termos ao completo, prema aquí.
Renuncia de responsabilidade: Este resumo non é parte da política de protección de datos e non é un documento legal. Trátase dunha referencia práctica para entender por completo a política de protección de datos. Pense nisto como unha guía sinxela da nosa política de protección de datos.
Porque cremos que non debería ter que achegar información persoal para participar neste movemento de coñecemento libre, vostede pode:
- Ler, editar ou empregar calquera sitio da Wikimedia sen rexistrar unha conta.
- Rexistrar unha conta sen achegar un enderezo de correo electrónico ou un nome real.
Porque queremos entender como se utilizan os sitios da Wikimedia para facelos mellores, recollemos certa información cando vostede:
- Fai contribucións públicas.
- Rexistra unha conta ou actualiza a súa páxina de usuario.
- Utiliza os sitios da Wikimedia.
- Envía correos electrónicos ou participa nunha enquisa ou achega comentarios.
Comprometémonos a:
- Describir nesta política de protección de datos como se pode usar ou compartir a súa información.
- Empregar medidas razoables para manter a súa información segura.
- Non vender nunca a súa información ou compartila con terceiras partes con fins comerciais.
- Compartir a súa información unicamente en circunstancias concretas, tales como para mellorar os sitios da Wikimedia, para cumprir coa lei ou para garantir a súa protección e a doutras persoas.
- Gardar os seus datos o menor tempo posible que sexa compatible co mantenemento, a comprensión e a mellora dos sitios da Wikimedia e cumprindo as nosas obrigas coa lei.
Teña en conta:
- Calquera contido que engada ou calquera modificación que faga nun sitio da Wikimedia será público e estará parmanentemente dispoñible.
Se engade contido ou fai modificacións nun sitio da Wikimedia sen rexistrarse, o contido ou a modificación atribúese publica e permanentemente ao enderezo IP usado nese momento, no canto de asocialo a un nome de usuario.
- A nosa comunidade de editores e colaboradores voluntarios é un órgano autocontrolado. Algúns administradores dos sitios da Wikimedia, elixidos pola comunidade, empregan ferramentas que lles permiten un acceso limitado a información non pública sobre as contribucións recentes para que poidan protexer os sitios da Wikimedia e facer cumprir as políticas.
- A política de protección de datos non se aplica a todos os sitios da Wikimedia, como os sitios da Wikimedia que teñen a súa propia política de protección de datos (como a tenda da Wikimedia) ou as accións e os sitios de terceiros (como os proxectos de desenvolvedores no laboratorio da Wikimedia).
- Como parte do noso compromiso coa educación e a investigación en todo o mundo, ocasionalmente liberamos información pública e agregada ou non persoal ao público xeral a través de baleirados de datos e conxuntos de datos.
- Para a protección da Fundación Wikimedia e a dos outros usuarios, se non está de acordo con esta política de protección de datos, non debe usar os proxectos da Wikimedia.