Política de protección de datos/O que non está cuberto

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Privacy policy/what policy doesn't cover and the translation is 48% complete.

Outdated translations are marked like this.
Other languages:
Bahasa Melayu • ‎Canadian English • ‎Deutsch • ‎Deutsch (Sie-Form)‎ • ‎English • ‎Nederlands • ‎Tiếng Việt • ‎Türkçe • ‎emiliàn e rumagnòl • ‎español • ‎français • ‎galego • ‎italiano • ‎magyar • ‎polski • ‎português do Brasil • ‎čeština • ‎башҡортса • ‎български • ‎русский • ‎українська • ‎العربية • ‎فارسی • ‎हिन्दी • ‎ਪੰਜਾਬੀ • ‎తెలుగు • ‎ไทย • ‎中文 • ‎日本語 • ‎粵語 • ‎한국어

Quere axudar coas traducións? Traduza as mensaxes que faltan.

Máis cousas sobre o que esta política de protección de datos non cobre

Esta sección é parte da política de protección de datos e está destinada a explicar en detalle aquelas situacións que non están cubertas pola nosa política de protección de datos.

Sitios da Wikimedia con políticas alternativas

Algúns sitios web da Fundación Wikimedia teñen políticas de protección de datos alternativas ou disposicións que difiren desta política de protección de datos. Entre estes sitios atópanse os seguintes:

a tenda da Wikimedia (cuberta pola política da tenda); e

donate.wikimedia.org, incluído o proceso de doazón, como premer nun cartel de doazón (cuberta pola política de protección de datos dos doantes).

Estes sitios web e outros como eles terán unha ligazón cara ás súas respectivas políticas de protección de datos (en caso de aplicarse individualmente) ou cara a unha explicación de calquera disposición diferente (se a política do sitio esta baseada nesta política de protección de datos).

Membros da comunidade

Os sitios da Wikimedia son froito do traballo colaborativo e unha comunidade global e voluntarios encárgase de mantelos e actualizados. Como resultado, algúns voluntarios teñen acceso a certa información non pública e o uso desa información pode non estar rexido por esta política de protección de datos. Exemplos disto son os seguintes:

Os voluntarios administrativos, como os verificadores de usuarios ou os stewards. Estes son voluntarios que fan cumprir as políticas dos Sitios da Wikimedia e aseguran a seguridade dos mesmos. Cando estes administradores acceden á información non pública deben seguir a nosa política de acceso á información non pública, así como outras políticas específicas dalgunhas ferramentas que empregan.

Os provedores de ferramentas. Soportamos plataformas de desenvolvedores alleos a nós para experimentar e desenvolver novas ferramentas e sitios, como wmflabs.org. Cando vostede utiliza as ferramentas creadas por estes voluntarios é posible que lles envíe información. Cando estes voluntarios acceden á información non pública, obrígaselles a seguir os termos que rexen a plataforma particular na que a ferramenta está dispoñible.

  • Outros usuarios. Achegamos varias ferramentas que permiten aos usuarios comunicarse entre eles. As comunicacións poden estar cubertas por esta Política mentres se produzan a través dos nosos sistemas, pero os usuarios que reciben estas mensaxes, e aquilo que fan con elas unha vez que as reciben, non están cubertas por esta Política. Por exemplo:
    • publicalas en listas de correo aloxadas pola Fundación;
    • solicitar axuda de voluntarios a través do noso sistema de peticións en liña (os correos electrónicos enviados a info[arroba]wikimedia.org están neste sistema);
    • enviar correos electrónicos a outros usuarios a través dos Sitios da Wikimedia (por exemplo, usando a ferramenta "Enviar un correo electrónico a este usuario"); e
    • conversar a través do IRC (por exemplo, na canle #wikipedia).
Terceiras partes

Esta política de protección de datos só cobre o xeito que a WMF ten de recoller e tratar a información. Entre as terceiras partes que poden recibir información cando vostede fai uso dos Sitios da Wikimedia atópanse:

As páxinas web pertencentes a outras organizacións, como aqueles sitios web ligados desde as seccións "Notas" da Wikipedia, os capítulos da Wikimedia ou calquera outra organización do movemento. Estas organizacións poden recibir información da súa parte se vostede visita as súas páxinas web despois de utilizar algún dos Sitios da Wikimedia. Estas organizacións teñen cadansúa política de protección de datos.

  • As aplicacións móbiles proporcionadas por outras organizacións ou individuos. Estas organizacións ou individuos poden recibir información súa se emprega esas aplicacións para acceder aos Sitios da Wikimedia ou aos seus contidos. Estas organizacións ou individuos teñen cadansúa política de protección de datos.

As ferramentas de recolección de datos de terceiros que os voluntarios ou terceiros colocan nos Sitios da Wikimedia. Ás veces, os voluntarios poden colocar unha ferramenta de recolección de datos, como un script, un píxel de seguimento ou un botón de compartir nun Sitio da Wikimedia sen o noso coñecemento. Esta Política non cobre como manexan estas terceiras partes a información que reciben como resultado do uso da ferramenta. Se atopa unha ferramenta dun terceiro que crea que incumpre esta Política, pode eliminala vostede ou informarnos no enderezo privacy[arroba]wikimedia.org para que lle botemos unha ollada.