Aplicacións Wikimedia/Boletín de novas/02 de xuño de 2023

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Wikimedia Apps/Newsletter/02 - June 2023 and the translation is 90% complete.
Outdated translations are marked like this.

Boletín de novas das aplicacións de Wikimedia - xuño 2023

Presentamos o Segundo Número do Boletín de Novas sobre as Aplicacións de Móbil da Wikipedia!

Coñeza as últimas actualizacións, funcións e melloras neste boletín. Infórmese e mellore a súa experiencia Wikipedia en móbiles. Goce da lectura!

iOS

De abril a xuño 2023:

Mellorouse bastante a plataforma iOS. A versión 7.2.2 saíu o 10 de maio, e a versión 7.3.0 saíu o 1 de xuño.

Estas actualizacións inclúen varias melloras, como pode ser unha restauración de estado máis sinxela, o que permite resolver os problemas de eficiencia que recibimos polo correo e a tenda de aplicacións. Tamén engadimos un aviso de páxina protexida para o editor, mellorada a calidade da recolección de datos sobre os trebellos, actualizamos as cores e arranxamos fallos. Ademais continuamos traballando nunha lista de vixilancia nativa, permitir imaxes nas páxinas de Discusión, melloras ao editor fonte nativo, como pode ser editar páxinas completas, e actualizacións nas traducións.

Android

De abril a xuño 2023:

Centrámonos en completar a actualización das bibliotecas de deseño de compoñentes, para que estean á altura das normativas Deseño Material 3. Xa se poden ver imaxes nas páxinas de discusión.

Completamos con éxito o experimento sobre o uso de ferramentas para crear descricións dos artigos e gustaríanos agradecer aos voluntarios que nos axudaron. Tamén estamos ledos de anunciar que imos compartir os resultados do experimento no mes que ven.

Reunións da comunidade

  • A nosa membro do equipo Marina Azevedo participou en maio na Hackaton Wikimedia, un evento anual, que este ano se celebrou en Atenas, Grecia, orientado a reforzar os vínculos entre a comunidade técnica global. Este evento proporcionou oportunidades para «hackear», empezar debates sobre tecnoloxía e descubrir novas ideas.
  • A seguinte reunión entre a Iniciativa Mentores Wiki África e o Equipo de Aplicacións Móbil de Wikipedia será un importante evento que contará con varios aspectos clave. Isto inclúe explorar a historia das aplicacións, debater os planes futuros para o desenvolvemento, contestar ás preguntas sen resposta, realizar revisións completas das funcionalidades e clarificando aquelas preguntas máis frecuentes (FAQ).

Esta reunión semella que vai ser unha grande oportunidade para colaborar e innovar, tamén co obxectivo de mellorar a experiencia Wikipedia nos móbiles.

Estaremos encantados de organizar máis reunións cos membros da comunidade que quixeren. Poden contactar connosco en aramadan@wikimedia.org para organizar as reunións.

Novas existentes

No futuro haberá oportunidades para deixar comentarios sobre varias tarefas relacionadas con patrullar. Isto incluirán comentarios sobre as recomendacións de imaxes, especificamente en Android, e proporcionar valoracións sobre novos cambios en iOS e responder preguntas sobre os deseños das listas de vixilancia actualizados. Se está interesado en participar, contácteme.

Pódese subscribir a este boletín dende aquí.