Wikimedia España/Encuentro de wikimedistas en Valencia/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

en | es | +/-



Encontro de wikimedistas en Valencia
Data
13 de marzo de 2010
Hora
10:00 - 13:30
Lugar
IES Lluís Vives
R/ San Pablo, 4 Valencia-España


A comunidade de Wikimedistas da Comunidade Valenciana, en colaboración coa comunidade educativa do IES Lluís Vives de Valencia, convoca o I Encontro de Wikimedistas en Valencia. Están invitadas todas aquelas persoas interesadas en coñecer as actividades da Fundación Wikimedia, así como atoparse cos usuarios dos proxectos e coñecer as súas inquedanzas, actividades e motivacións. Tamén están invitadas todas as personas interesadas no coñecemento e a cultura libre e os proxectos colaborativos (open collaboration).

Participantes[edit]

  • Ata o momento confirmaron a súa asistencia os seguintes participantes de proxectos wikimedia en español:
Usuari/Usuario Projecte/Proyecto Ubicació/Ubicación Notes/Notas
Millars 21:40, 7 February 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en castellano, ocasionalmente Viquipèdia y Commons Vila-real/Villarreal
Kazjako 00:43, 8 February 2010 (UTC)[reply] Wikisource castellano principalmente Burjassot
-Gustavocarra 16:06, 8 February 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en castellano y Commons Elx, Alacant
--Resped 17:31, 9 February 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en español. Gandía, Valencia
Dorieo 09:32, 12 February 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en castellano y Commons Valencia, Valencia
--Gafotas 18:07, 14 February 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en castellano Calpe, Alicante
Qoan 09:52, 15 February 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en castellano, Commons y Viquipèdia Valencia / Villena
RoyFocker Wikipedia en castellano Roma Tiene difícil su asistencia
Grution Wikipedia en castellano Santa Pola, Alacant
--Antoniotortosa 03:08, 8 March 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en castellano Sevilla
--Petronas 13:36, 12 March 2010 (UTC)[reply] Wikipedia en castellano Villena, Alicante

Para añadirte a la lista pulsa aquí. Per a afegir-te a la llista prem ací.


  • A organización do evento ten coñecemento da asistencia doutros usuarios que polo momento non desexan facer pública a súa participación.
  • Así mesmo, confirmou a súa asistencia Dona Maria Jesús Mera Fernández, Presidenta da Fundación Telefónica de Valencia. Tamén poderían asistir autoridades educativas que polo momento non confirmaron a súa participación.

Data, lugar e hora[edit]

Plano de localización do Instituto, na rúa San Pablo Nº 4 de Valencia, España, perto da estación de RENFE e á praza de touros

O encontro comezará ás 10:00 am do día 13 de marzo de 2010, no Instituto de Educación Secundaria Lluís Vives (antigo convento de San Pablo), sito na rúa San Pablo de Valencia, España.

Rematado o acto (en torno ás 1:30 pm) dirixirémonos, percorrendo o centro, á cervexería Zabis II, que se atopa na rúa Burriana para almorzar.

O emplazamento[edit]

O lugar da reunión ten un certo caracter simbólico en referencia á cultura e á educación, posto que o Instituto Lluís Vives, emplazado sobre o antigo colexio e seminario de San Pablo, que posúe un claustro barroco declarado como Monumento Histórico-Artístico. O convento foi fundado a instancias de San Ignacio de Loyola no ano 1562, sendo o primeiro colexio de xesuitas creado en España, e residindo nel San Vicente Ferrer. O colexio obrou tamén como seminario de nobles, e foi pintado por Joaquin Sorolla no seu cadro "o patio do Instituto". En 1978 realizouse unha restauración do monumento e foi adicado a albergar o actual Instituto de Educación Secundaria Luis Vives, en honor ó humanista e pedagogo do renacemento nado en Valencia Juan Luis Vives. Como curiosidade, existe un antigo refuxio contra os bombardeos da Guerra Civil Española no soto do edificio.

A data[edit]

O acto celebrarase a fin de semana anterior á celebración das Fallas, unha festa de fama internacional, co que é probable que na cidade se atope a presenza de numeroso público. Aínda que a erección dos monumentos (a plantá) que se queiman na noite do 19 de marzo (nit del foc) comezará dous días despois, o 15 de marzo, poderemos presenzar ó redor das 14:00 horas un espectacular e tradicional traballo de pirotecnia conocido como mascletá, a cargo do mestre Crespo, e diversos concertos populares, como o do artista Coti e o grupo The Face. Algunhas fallas especiais xa estarán plantadas e poderán ser contempladas. Tamén poderemos asistir a diversos pasarúas e ofrendas a Nosa Señora dos Desamparados, santa patrona da cidade.

Outros eventos[edit]

O Centro, dirixido por Carmina Valiente, asumeu o encontro como un dos actos de promoción de actividades docentes do propio instituto. Neste senso esperamos acercarnos á comunidade educativa, e si fora o caso ás autoridades da administración presentes.

Algunhas consideracións a ter en conta[edit]

O acceso en coche ó centro da cidade onde vai celebrarse o encontro será difícil ou imposible. Non así en tren ou en metro, polo que se prega ter en conta estas circunstancias.

Programa[edit]

10:00 - Presentación

  • Recepción e presentación dos asistentes e invitados.
  • Contacto coa prensa e divulgación do proxecto ós asistentes en especial á comunidade educativa:
  • A Fundación Wikimedia, historia, obxetivos e importancia do proxecto: algunas cifras. O coñecemento libre.
  • Qué é e para qué sirve un capítulo de wikimedia.
  • Experiencia persoal dos asistentes.

11:00 - Situación actual do capítulo

  • Información sobre o encontro de Bilbao que xirou ó redor de aspectos estatutarios relativos a desenrolar unha actividade local máis áxil e a reflexar as diversas culturas de España, así como a posibilidade de establecer dous capítulos solapados.
  • Wikimedia España: Situación actual. Comentarios sobre o proxecto e propostas a levar a cabo. Valoración da idoneidade de posibles candidatos a equipo directivo, domicilio social, etc...
  • Posibilidade de ter unha delegación de WM-ES na Comunidade Valenciana, calendario de encontros e outras actividades, como búsqueda de local de reunións, etc...
  • Posible panel de actividades: cómo equilibralas: Información pública, acción académica, organización de eventos (fcforum, wikipedia academy, workshops, wikisym, wikimanía), fundraising...

12:00 - Colaboración entre Wikimedia e outras entidades

  • Partnerships (por exemplo, con Telefónica)
  • Colaboracións con autoridades educativas e académicas na autorización da cesión de fondos e a organización de eventos

Debate e outras preguntas ata as 13:30

14:00 - Asistencia á mascletá

14:30 - Almorzo e sobremesa

Outras[edit]

Para calquer pregunta ou suxerencia, empregar a páxina de discusión.