Fundraising 2007/Video with Jimmy subtitles/Translations/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
1
00:00:05,750 --> 00:00:10,500
Ola! Son Jimmy Wales, o fundador
da Wikipedia, a enciclopedia libre.

2
00:00:11,000 --> 00:00:15,000
Wikipedia depende das xenerosas
doazóns de xente de todo o mundo.

3
00:00:15,250 --> 00:00:17,250
Xente coma ti.

4
00:00:17,750 --> 00:00:21,750
O proxecto da Wikipedia comezou en 
2001, e rapidamente converteuse

5
00:00:21,750 --> 00:00:24,000
nun dos 10 sitios máis 
visitados da Internet.

6
00:00:25,000 --> 00:00:27,000
O inglés é o idioma máis 
usado na Wikipedia, pero

7
00:00:27,000 --> 00:00:29,500
que ocorre cos idiomas dos 
países en vías de desenvolvemento?

8
00:00:30,500 --> 00:00:34,000
Necesitamos fomentar o crecemento 
das Wikipedias en idiomas como

9
00:00:34,000 --> 00:00:36,000
o hindi, o árabe e o swahili,

10
00:00:36,000 --> 00:00:39,000
idiomas cuxos falantes poderán beneficiarse 
realmente co acceso ao coñecemento libre.

11
00:00:39,500 --> 00:00:44,000
A continuación, algunhas secuencias do 
documental independente «Truth in Numbers».

12
00:00:46,000 --> 00:00:50,750
Cando un neno recibe unha computadora portátil, 
ten unha versión estática da Wikipedia

13
00:00:50,750 --> 00:00:54,250
tanto na súa lingua materna, como 
tamén parte da Wikipedia en inglés.

14
00:00:54,500 --> 00:00:56,250
Así pode tomar parte

15
00:00:56,250 --> 00:00:59,250
nun diálogo crítico con outras persoas
sobre as cousas que ocorren no mundo,

16
00:00:59,500 --> 00:01:02,500
e non ten que conformarse con ver as cousas
superficialmente... esta é unha grande idea.

17
00:01:02,500 --> 00:01:07,750
Parte da idea detrás da computadora portátil 
é expor aos nenos a ideas importantes

18
00:01:07,750 --> 00:01:10,000
e Wikipedia é unha desas ideas importantes.

19
00:01:12,250 --> 00:01:17,000
Por suposto, a miña contribución é só
un gran de area, pero cada gran axuda.

20
00:01:18,500 --> 00:01:25,000
Así é como escribo na Wikipedia.
Si, é moito traballo, pero funciona!

21
00:01:26,000 --> 00:01:33,000
Algún día, poremos a Wikipedia nun disco e 
levarémola ás escolas, para que a xente poida vela.

22
00:01:34,750 --> 00:01:41,000
De súpeto Wikipedia chegou, e entón, esta suma
de todo o coñecemento humano... impresionoume.

23
00:01:42,000 --> 00:01:44,000
Coñeces a páxina web da Wikipedia?
Si, si.

24
00:01:44,500 --> 00:01:48,750
Eu son o fundador da Wikipedia.
OK, Ola! Encantado de coñecerche. É un gran sitio...

25
00:01:49,000 --> 00:01:52,250
Algunha vez viches...?
...e tamén utilizo frases da Wikipedia para coñecer mozas.

26
00:01:52,500 --> 00:01:56,000
Frases! Da Wikipedia?
Si, claro. E funcionouche?

27
00:02:04,500 --> 00:02:09,500
Unha das cousas que fixen é tomar
unha copia completa deste sitio web, 

28
00:02:09,750 --> 00:02:18,000
que é Wikipedia, e púxena nunha sala de 
computadoras onde non hai acceso á Internet.

29
00:02:19,750 --> 00:02:25,000
Se houbese máis contido dispoñible 
en afrikaans, sería realmente útil.

30
00:02:27,000 --> 00:02:30,750
En realidade, é máis importante para os países 
en desenvolvemento que para os desenvolvidos, 

31
00:02:30,751 --> 00:02:33,750
porque hai unha brecha entrambos,
e esta brecha é só o coñecemento.

32
00:02:33,750 --> 00:02:37,500
Non é o diñeiro, nin a política, nin o poder,
nin calquera outra cousa, é o coñecemento.

33
00:02:37,550 --> 00:02:42,500
Se temos o coñecemento, e sabemos como
empregalo, poderemos encher esa brecha

34
00:02:43,000 --> 00:02:45,500
e poderemos esperar un futuro mellor.

35
00:02:48,000 --> 00:02:52,500
Wikipedia xa cambiou o mundo,
e co teu continuo apoio

36
00:02:52,500 --> 00:02:55,500
non hai palabras para dicir todo o que podemos
chegar a facer polas persoas de todo o mundo.

37
00:02:56,000 --> 00:02:59,000
Imaxina un mundo onde 
cada persoa do planeta 

38
00:02:59,001 --> 00:03:04,250
ten acceso gratuíto á suma 
de todo o coñecemento humano.

39
00:03:06,750 --> 00:03:11,402
Para doar, por favor visita
donate.wikimedia.org