Jump to content

Solucionar a fenda de xénero

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Address the gender gap and the translation is 96% complete.


Traballando por pechar a fenda de xénero, estaremos en mellores condicións para reflectir toda a diversidade do coñecemento humano e representarlo dunha maneira xusta. Cada persoa, sendo parte do conglomerado humano, debera estar representada no desenvolvemento da fonte compartida de coñecemento libre da humanidade.


Suposicións

Ata agora os estudos foron decisivos en destacar que existen fendas de xénero, pero a investigación sobre as súas causas permanece menos definitiva. Ademais, a maior parte da investigación enfocouse na ausencia de mulleres nos proxectos Wikimedia e non considerou as experiencias de Wikimedistas que puideran caer fóra do binomio de xénero. Presentáronse algunhas propostas e accións que asumen que un cambio en un ou máis factores axudarían a pechar a fenda (por exemplo, que máis contido "sobre" mulleres na Wikipedia significaría un aumento das mulleres "na" Wikipedia). Seguindo (pero non copiando) o pensamento da notable Wikipedista Adrianne Wadewitz,[2] aquí pretendemos enfocarnos, non sobre as causas da fenda, senón sobre algunhas suposicións acerca da fenda de xénero, para axudar a botar máis luz sobre a complexidade desta materia.

Suposición n.º 1: É responsabilidade das mulleres solucionar o sexismo na Wikipedia

O sexismo non é un problema que afecte soamente ás mulleres, e non é só a responsabilidade das mulleres resolvelo. É un tema que afecta á comunidade enteira. As alianzas terán un papel importante que xogar na solución da fenda de xénero.

Suposición n.º 2: as mulleres editarán acerca dos temas que estean subrepresentados

Asumir que as mulleres editarán temas subrepresentados reforza os estereotipos de xénero. A tarefa de expandir eses temas debe ser enfrontada acercándonos ás múltiples comunidades que poderían editar eses tema- comunidades formadas por homes e mulleres.

Suposición n.º 3: as mulleres farán de Wikipedia un sitio mellor

Esta suposición tamén está baseada en estereotipos de xénero: a idea de que as mulleres constitúen forzas civilizadoras pacíficas, non confrontacionais e inocuas. Para que a comunidade se volva máis civilizada, debemos esperar un comportamento civilizado de tódolos membros da comunidade, calquera que sexa o seu xénero.

Suposición n.º 4: homes e mulleres son intercambiables

Non desexamos encadrar a unha persoa nunha función ou obrigala a tomar unha perspectiva estereotípicamente asociada ó seu xénero, pero comprendemos que os homes proporcionan unha perspectiva única como homes e as mulleres proporcionan unha perspectiva única como mulleres e que ambas son esenciais para unha enciclopedia realmente grandiosa. Ata que teñamos máis mulleres colaborando a enciclopedia non desenvolverá todo o seu potencial.

Como non hai unha soa causa da fenda de xénero, tampouco existe unha soa solución. Como dixo Adrianne Wadewitz: «Cando un grupo é maltratado e sistemáticamente se lle nega a voz e dereichos, iso refléxase pobremente en toda a comunidade e reduce a súa lexitimidade».[2] A fenda de xénero é un problema de todas as comunidades de Wikimedia e por iso require unha acción colectiva. Necesitamos máis iniciativas enfocadas en colaboracións, investigación, organización da comunidade e intervencións técnicas e socioculturais.
Atopa unha iniciativa existente ou engade a túa

É parte dun medio de comunicación?

Estás escribindo unha nota sobre a fenda de xénero ou otros problemas relacionados en Wikipedia os seus proxectos irmáns? Póñase en contacto con press@wikimedia.org para comunicarse con membros da comunidade de expertos na materia.

Referencias

  1. Hill, B. M., Shaw, A. (2013). The Wikipedia Gender Gap Revisited: Characterizing Survey Response Bias with Propensity Score Estimation. PloS one, 8(6), e65782. html
  2. a b A fenda de xénero de Wikipedia e a complicada realidade do nesgo sistémico de xénero”, HASTAC, 26 de xullo de 2013