Image filter referendum/Announcement/gl
Os resultados anunciáronse o 1 de setembro de 2011.
| Organización |
|---|
|
Dado que isto é unha votación global, cómpre que haxa unha ampla participación. Pedimos que se distribúa esta mensaxe no maior número de sitios e axuda coas traducións.
Chamada á votación sobre o filtro de imaxes [edit]
A Fundación Wikimedia, baixo a dirección do Consello de Administración, realizará unha votación para determinar se os membros da comunidade apoian a creación e uso dun filtro persoal de carácter opcional que permitiría aos lectores agochar voluntariamente certos tipos de imaxes estritamente para a súa conta.
En breve, haberá dispoñibles máis detalles e materiais de consulta. A votación está prevista desde o 12 ao 27 de agosto de 2011; levarase a cabo en servidores aloxados por unha terceira parte neutral. Os detalles da votación, interventores, requirimentos de votación e materiais de consulta publicaranse en breve na páxina Image filter referendum.
En nome do comité de coordinación,
Philippe
Cbrown1023
Risker
Mardetanha
PeterSymonds
Robert Harris
Lugares do anuncio [edit]
Sería bo anunciar isto no maior número de lugares posible e, para iso, cómpre a túa axuda. Indica na táboa inferior o lugar onde deixaches o anuncio.
[edit]