Tech/News/2023/26
Appearance
Os resumos semanais das Noticias de Tecnoloxía axúdanlle a manterse actualizado sobre os recentes trocos de programas que poden ter consecuencias para vostede e os seus compañeiros Wikimedianos. Subscríbase, contribúa e deixe comentarios.
anterior | 2023, semana 26 (luns 26 xuño 2023) | seguinte |
Noticias sobre tecnoloxía: 2023-26
Últimas novas sobre tecnoloxía da comunidade técnica de Wikimedia. Animámoslle a que difunda estes cambios co resto de usuarios. Non todos os cambios seranlle relevantes. Hai traducións dispoñibles.
Cambios recentes
- Agora os módulos da API «Action» e Especial:Buscar ligazóns web engadirán
/
ao final de todas as respostasprop=extlinks
para dominios soltos. Isto forma parte do traballo realizado para eliminar a duplicación na base de datosexternallinks
. [1]
Problemas
Cambios a finais desta semana
- A nova versión de MediaWiki estará dispoñible nas wikis de proba e MediaWiki.org a partir do 27 xuño. A partir do 28 xuño tamén estará dispoñible en todas as wikis apartes de Wikipedia e algunhas Wikipedias. A nova versión estará dispoñible para todas as wikis a partir do 29 xuño (calendar).
- O estilo Minerva aplicará máis estilos predefinidos á clase CSS
.mbox-text
. Isto permitirá usar os modelos mbox que usen divs no canto de táboas. Recomendamos que comprobe que os novos estilos non afectarán aos outros modelos na súa wiki. [4][5] - Os trebellos agora cargarán no escritorio e nas plataformas móbiles por omisión. Antes os trebellos só se cargaban por omisión no escritorio. Xa non se deberá cambiar esta opción usando o parámetro
|targets=
. Os trebellos que se fagan deberán funcionar en móbiles ou desactivarse segundo o estilo activo (usando o parámetro|skins=
de MediaWiki:Gadgets-definition) no canto de mirar se se está a usar a versión de escritorio ou móbil. Os trebellos populares que creen fallos en móbiles serán temporalmente desactivados polos desenvolvedores no estilo Minerva. [6] - Por omisión agora todas as lapelas de espazos de nomes compartirán a mesma chave de acceso do navegador. Anteriormente os espazos de nomes personalizados e aqueles definidos por extensións tiñan que configurar as súas chaves de acceso manualmente na wiki. Isto xa non se terá que facer. [7]
- O formulario de revisión da extensión Edicións Marcadas («FlaggedRevs») agora usa os compoñentes de interface de usuario normativizados. [8]
Trocos futuros
- A estrutura de vídeos e imaxes na saída HTML do intérprete recibirá modificacións durante as seguintes semanas nas wikis group2. Este cambio mellorará a a accesibilidade do contido. Pode que o seu CSS do sitio, programas de usuario e trebellos precisen unha actualización. Están dispoñibles os detalles de que código hai que comprobar, como hai que actualizalo e onde se pode avisar de posibles problemas. [9]
Tech news preparado por Tech News writers e posteado por bot • Contribute • Translate • Get help • Give feedback • Subscribe ou unsubscribe.