User:Keegan (WMF)/VisualEditor/24September/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page User:Keegan (WMF)/VisualEditor/24September and the translation is 80% complete.
Outdated translations are marked like this.

O editor visual o 24 de setembro

Saúdos dende a Fundación Wikimedia, editores da Wikipedia. Escribo este comentario para darvos a coñecer a interface de edición do editor visual. É unha forma nova e visual de editar a Wikipedia. Queremos instalar o editor visual nesta Wikipedia en pouco tempo, e gustaríanos saber a opinión dos editores sobre a nova plataforma.

Para probar o editor visual, podedes activalo accedendo a "Preferencias" "Edición" → "Activar o editor visual". Despois de facer isto, veredes dúas opcións para editar un artigo. Nós agradecemos os vosos comentarios e queremos coñecer todos os problemas ou erros que se produzan en gl.wiki. Tamén é importante que os botóns e etiquetas do editor visual estean traducidos ó galego, ademais dos documentos de axuda importantes. Se tes coñecementos de inglés, podes axudar en Translatewiki.net e na central de tradución en mediawiki.org. Cómpre ter unha conta en Translatewiki.net para achegar as traducións.

Esperamos activar aquí o editor visual o martes, 24 de setembro, a menos que durante as probas se atope algún erro crítico na vosa Wikipedia en particular. Activar aquí o editor visual para todas as persoas axudará a desenvolver e mellorar o software para acadar as necesidades de tódolos usuarios. Despois de lanzar o novo editor, este mostrarase ó lado do botón de edición no modo de texto wiki. Cando o editor visual estea activo teredes a opción de desactivalo nas vosas preferencias, de modo que non o veredes máis mentres estea en probas. Esperamos que non escollades facer isto, porque limitará as oportunidades de atopar o xeitos de mellorar o editor visual na Wikipedia en galego. A opción de editar no modo de texto wiki non vai desaparecer. Grazas polos vosos comentarios e felices edicións.