Wikimedia Foundation elections 2013/Voter e-mail/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Wikimedia Foundation elections 2013/Voter e-mail and the translation is 100% complete.

Other languages:
Bahasa Indonesia • ‎Bahasa Melayu • ‎Deutsch • ‎English • ‎Malti • ‎Nederlands • ‎Türkçe • ‎asturianu • ‎català • ‎dansk • ‎eesti • ‎emiliàn e rumagnòl • ‎español • ‎français • ‎galego • ‎hrvatski • ‎italiano • ‎lietuvių • ‎magyar • ‎norsk bokmål • ‎polski • ‎português do Brasil • ‎suomi • ‎svenska • ‎русский • ‎українська • ‎ייִדיש • ‎עברית • ‎فارسی • ‎پښتو • ‎संस्कृतम् • ‎অসমীয়া • ‎বাংলা • ‎தமிழ் • ‎ไทย • ‎ქართული • ‎中文 • ‎日本語

Eleccións da Fundación Wikimedia de 2013

Boas, $USERNAME:

Pode exercer o seu dereito ao voto nas eleccións da Fundación Wikimedia de 2013, que xestiona proxectos como a Wikipedia. Pode votar polos candidatos aos seguintes postos:

Consello de administración

O Consello de administración é o órgano de toma de decisións en última instancia responsable da subsistencia a longo prazo da Fundación, por iso valoramos a súa achega a estas eleccións. Hai tres cargos vacantes.

Comité de difusión de fondos (FDC)

O Comité de difusión de fondos (FDC) elabora recomendacións de como distribuír os fondos do movemento Wikimedia entre as súas entidades elixibles. Hai dous cargos vacantes.

Supervisor do Comité de difusión de fondos (FDC)

O supervisor do FDC recibe queixas e suxestións sobre os procesos do FDC, investiga as queixas a petición do Consello de administración e resume anualmente as investigacións e as suxestións para o Consello. Hai un cargo vacante.

O proceso de votación está aberto entre as 00:00 (UTC) do 8 de xuño ata as 23:59 (UTC) do 22 de xuño. Pode atopar máis información sobre estas eleccións no enderezo <https://meta.wikimedia.org/wiki/Special:MyLanguage/Wikimedia_Foundation_elections_2013>. Para deixar de recibir estas notificacións no futuro, engada o seu nome de usuario en <https://meta.wikimedia.org/wiki/Wikimedia_nomail_list>.