Fundraising 2011/GW Letter/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
Translation instructions
  • For pages marked "Missing" or "In progress", click the page title and start translating. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • For pages marked "Needs updating", compare the page to the source page and update the translation accordingly. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • It is important to have someone else proofread the translated page! If you have proofread a page and it is ready for publication, click "edit status" and change that page's status to ready.
  • If you are changing something that has already been published, change its status back to ready for it to be published again.

If you have any questions or feedback regarding the translation process, please post them here. Translation FAQ

Son unha estudante universitaria. Os libros de texto dun semestre cústanme 500 dólares. Coa Wikipedia podo conseguir miles de libros de información de balde.

Por isto non só leo a Wikipedia, senón que axudo a creala. É moi importante para min facer chegar este recurso a todos. Con 470 millóns de lectores ao mes, a Wikipedia é importante para moita xente en todo o mundo.

Hai tempo que a Wikipedia debeu esboroarse. Baséase no consenso, ao contrario que calquera outra comunidade. Non hai unha administración real, nin ningún consello executivo que examine cada edición e cada política. No canto disto, unha enorme comunidade de voluntarios traballa xunta para crear este recurso de coñecementos, gratuíto e libre de anuncios.

Deste xeito, a nosa comunidade de millóns de editores traballa xunta para crear enciclopedias en 283 linguas que, no seu conxunto, contan con máis de 20 millóns de artigos.

Facemos isto cun orzamento pequeno, comparado coas outras páxinas web máis visitadas. Para poder facer o noso traballo necesitamos unha infraestrutura estable: servidores, ancho de banda, programadores e mesmo avogados para protexer a nosa independencia. Todo isto está financiado polas doazóns dos lectores da Wikipedia. Podes pensar que uns poucos cartos son un pequeno gran de area, pero é o que en realidade fai todo posible.

Moitas grazas.