Fundraising 2011/Jimmy Letter 001/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Translation instructions
  • For pages marked "Missing" or "In progress", click the page title and start translating. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • For pages marked "Needs updating", compare the page to the source page and update the translation accordingly. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • It is important to have someone else proofread the translated page! If you have proofread a page and it is ready for publication, click "edit status" and change that page's status to ready.
  • If you are changing something that has already been published, change its status back to ready for it to be published again.

If you have any questions or feedback regarding the translation process, please post them here. Translation FAQ

Son voluntario.

Non cobro un céntimo polo meu traballo na Wikipedia, como tampouco o fan ningún dos nosos milleiros de voluntarios que colaboran como editores. Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais. É un proxecto humano único, o primeiro do seu estilo na historia. É un proxecto humanitario para levar unha enciclopedia libre a cada persoa do planeta.

A cada persoa.

Se todas as persoas que len isto doasen 5 dólares, a recadación remataría hoxe. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar. E cando acadamos o noso obxectivo, a campaña remata. Somos unha pequena organización; e eu traballei duro durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

Para conseguir isto sen acudir á publicidade, necesitámoste. Ti mantés vivo este soño. Ti creaches a Wikipedia. Ti cres que paga a pena este lugar de reflexión e aprendizaxe.

Este ano, considera facer unha doazón de 5, 20, 50 dólares ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia