Fundraising 2011/Thank You Mail/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
Translation instructions
  • For pages marked "Missing" or "In progress", click the page title and start translating. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • For pages marked "Needs updating", compare the page to the source page and update the translation accordingly. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • It is important to have someone else proofread the translated page! If you have proofread a page and it is ready for publication, click "edit status" and change that page's status to ready.
  • If you are changing something that has already been published, change its status back to ready for it to be published again.

If you have any questions or feedback regarding the translation process, please post them here. Translation FAQ

Estimado [first name]:

Es incrible! Moitas grazas por doar á Fundación Wikimedia.

Así é como pagamos as nosas facturas, con xente coma ti que dá cinco, vinte ou cen dólares. A miña doazón favorita do ano pasado foi a que fixo unha cativa de Inglaterra, que persuadiu os seus pais para que a deixasen doar o seu diñeiro de peto. É a xente coma ti, unida a esa moza, a que fai posible que a Wikipedia siga proporcionando información imparcial, de fácil acceso e de balde para todo o mundo. Por todos aqueles que axudan a pagar isto e por aqueles que non se poden permitir axudar. Moitas grazas.

Sei que é doado ignorar as nosas peticións e estou feliz de que non o fixeses. Para min, e para as decenas de miles de voluntarios que escriben a Wikipedia: grazas por axudarnos a facer que o mundo sexa un lugar mellor. Faremos un bo uso dos teus cartos. Grazas de novo por confiar en nós.

Grazas,
Sue Gardner
Directora executiva da Fundación Wikimedia


Darse de baixa:
Gustaríanos informarte das nosas actividades comunitarias e campañas de recadación. Se prefires non recibir ese tipo de correos, preme na ligazón que hai a continuación e eliminaremos o teu enderezo da lista:

[unsub link]

Para o teu rexistro: A túa doazón o [date] foi de [amount].

Esta carta pode servir como rexistro da túa doazón. Non se proporcionaron bens nin servizos, en todo ou en parte, para esta contribución. A Wikimedia Foundation, Inc. é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con oficinas nos Estados Unidos de América. O noso enderezo é: rúa New Montgomery, número 149, 3º andar, San Francisco, California, 94105, Estados Unidos de América. Número de exención de impostos: 20-0049703