ؤTécnica/Cambio de servidor
Your wiki will be in read-only soon
Quere ler esta mensaxe noutra lingua? • Please help translate to your language
A Wikimedia Foundation vai facer probas para comprobar a conmutación entre o seu centro de datos primario e o secundario. O propósito é asegurármonos de que Wikipedia e as outras wikis de Wikimedia poidan seguir en liña mesmo se ocorre un percance moi importante. Para estarmos certos/as de que todo está a funcionar, o departamento de tecnoloxía da Wikimedia necesita fixar un día para facer unha proba. Esta testaxe deberá comprobar se se pode mudar dun centro de datos a outro de maneira fiable. Isto require que moitos equipos de traballo estean preparados para a proba e tamén que estean dispoñibles para solucionar calquera problema inesperado.
Todo o tráfico volverá o 1 marzo. A proba comezará ás 14:00 UTC.
Porén, debido a algunhas limitacións en MediaWiki, mentres se realiza este cambio teñen que deterse todos os traballos de edición. Pedímosche desculpas por estas molestias. Estamos a traballar para minimizalas no futuro.
Durante un período curto de tempo poderás ler, pero non editar, calquera das wikis.
- O mércores 1 marzo 2023 non poderás facer edicións, durante como moito unha hora.
- Se tentas facer edicións ou gardar cambios que fixeras antes durante este tempo, aparecerache unha mensaxe de erro. Contamos que non se perda ningunha das edicións que se realicen durantes eses minutos, pero non podemos garantilo. Se che sae a mensaxe de erro, por favor, espera ata que todo volva á normalidade. Cando iso suceda, xa deberías ser capaz de gardares a edición. Con todo, recomendamos que antes fagas unha copia das túas edicións, polo si ou polo non.
Outras consecuencias:
- As operacións internas que se realicen dentro do sistema irán máis lentas e algunha pode que non se chegue a rematar. As ligazóns vermellas non se actualizarán tan rápido como habitualmente. Se creas un artigo que está ligado desde algún outro lugar, a ligazón seguirá de cor vermella por máis tempo do habitual. Algúns scripts de execución lenta terán que deterse.
- We expect the code deployments to happen as any other week. However, some case-by-case code freezes could punctually happen if the operation require them afterwards.
- GitLab will be unavailable for about 90 minutes.