Jump to content

Estratexia 2015/Consulta da comunidade/Contexto

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Strategy/Wikimedia Foundation/2015/Community consultation/Background and the translation is 100% complete.

Contexto

Dentro de FWM, recentemente lanzamos unha iniciativa para actualizar a dirección estratéxica para garantir que continuamos operando da mellor maneira para cumprir coa visión de Wikimedia.

Como posiblemente saiba, en 2009, a Fundación Wikimedia deseñou unha estratexia de cinco anos para o contorno de Wikimedia cunha contribución significativa da comunidade e o persoal. Desde entón, establecéronse obxectivos de cinco anos. Eses obxectivos impulsaron a inversión en estabilizar a nosa infraestrutura técnica, creando un espazo para a innovación e aumentando a inversión en ferramentas de edición. O plan era audaz e motivador, pero a data límite de cinco anos probou ser difícil para adaptarse á natureza cambiante da web.


O Plan estratéxico 2009 era moi extenso e integral. Reflectía os problemas chave para o Movemento Wikimedia e o millón de persoas que forman parte de el. Na práctica, a FWM tivo dificultades para enfocarse e priorizar as súas actividades diarias en relación co Plan. O anuncio de "Enfoque limitado" de 2012 foi un intento para literalmente limitar o enfoque da FWM para que puidera ser máis eficaz ó respaldar ó movemento. Agora é tempo de reconsiderar e actualizar o Plan estratéxico e a decisión do Enfoque limitado.


Camiño a 2015, a FWM está desenvolvendo un novo proceso estratéxico. En lugar de intentar deseñar un documento de cinco anos para todo o movemento, estamos lanzando o que será unha disciplina de estratexia continua de investigación, avaliación e alineación. Este proceso máis áxil e adaptable informará e actualizará directamente as nosas prioridades e obxectivos e axudaranos a manter unha dirección estratéxica que é consistente coa visión de Wikimedia, respalda os proxectos de Wikimedia e é susceptible ó contorno global cambiante.


A Consulta comunitaria de “visión estratéxica” é o primeiro paso no noso novo proceso estratéxico. É unha oportunidade para que exploremos xuntos que futuro lle espera ó Movemento Wikimedia e ós seus proxectos. Aprenderemos das súas ideas e utilizarémolas para informar e refinar o noso pensamento estratéxico. Desde alí, definiremos a Dirección estratéxica da FWM, que compartiremos con vostede en 2015. Esta Dirección estratéxica guiaranos no respaldo da nosa comunidade, o deseño, o outorgamento de subsidios e a recadación de fondos e actualizarase anualmente. É posible que tamén nos estendamos a preguntas específicas (por exemplo, relacionadas ca tecnoloxía ou os outorgamentos) que tamén axudarán a respaldar a nosa planificación estratéxica.