VisualEditor/Newsletter/2016/October/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page VisualEditor/Newsletter/2016/October and the translation is 100% complete.


Ler isto noutra linguaLista de subscrición para este boletín multilingüe

Editor visual
Sabías que...?

Sabías que podes reorganizar facilmente as filas e as columnas co editor visual?

Captura de pantalla do menú despregrable coas opcións para editar a estrutura dunha táboa

Selecciona a cela da columna ou da fila que queiras mover. Preme na frecha ao inicio desa columna ou fila para abrir o menú despregable (na imaxe). Escolle entre "Mover antes" e "Mover despois" para trasladar a columna, ou entre "Mover arriba" e "Mover abaixo" para trasladar a fila.

Podes ler e axudar a traducir a guía de usuario, que contén máis información sobre como utilizar o editor visual.

Desde o último boletín, o equipo do editor visual traballou principalmente nun novo editor de texto wiki. Tamén lanzaron algunhas pequenas características novas e a nova ferramenta de edición de mapas. O seu taboleiro de traballo está dispoñible en Phabricator. Podes atopar as ligazóns á lista das tarefas rematadas cada semana en mw:VisualEditor/Weekly triage meetings. Arestora, as súas prioridades céntranse na corrección de erros, o lanzamento do editor de texto wiki de 2017 como característica en fase beta e a mellora no soporte de linguas.

Cambios recentes

  • Agora podes indicar se o texto ten un tamaño pequeno ou grande.[1]
  • Os modelos invisibles mostrábanse coa icona dun crebacabezas. Agora, o nome do modelo invisible móstrase ao carón da icona.[2] Unha característica similar mostrará a primeira parte dos comentarios HTML agochados.[3]
  • As categorías móstranse ao final de cada páxina. Se premes nas categorías, ha abrirse un diálogo para editar as categorías.[4]
  • En moitos wikis, agora podes engadir mapas ás páxinas. Vai ao menú "Inserir" e escolle a opción "Mapas". O departamento Discovery está engadindo máis características neste campo, como as xeoformas. Podes obter máis información en mediawiki.org.[5]
  • O botón "Gardar" agora di "Gardar a páxina" cando creas unha páxina e "Gardar os cambios" cando modificas unha páxina que xa existía.[6] No futuro, o botón "Save page" ha dicir "Publish page". Isto afectará ao editor visual e mais ao editor de texto wiki. Máis información en Meta.
  • As galerías de imaxes agora usan un modo visual para a edición. Podes ver as miniaturas das imaxes, engadir novos ficheiros, eliminar imaxes non desexadas, reorganizar as imaxes arrastrándoas e soltándoas e engadir pés de foto a cada imaxe. Utiliza a lapela "Opcións" para establecer o modo de visualización da galería, os tamaños das imaxes e engadir un título á galería.[7]

Cambios futuros

Durante o vindeiro mes, activaremos o editor visual nas 10 wikipedias restantes da "Fase 6". Os desenvolvedores queren saber se resulta natural escribir nesas linguas co editor visual. Agradécense os comentarios sobre esas linguas no fío de conversa en mediawiki.org. Entre esas linguas están o tailandés, o birmano e o arameo.

O equipo está traballando nun editor de texto wiki moderno. O editor de texto wiki de 2017 terá a aparencia do editor visual e poderá utilizar o servizo Citoid e outras ferramentas modernas. Este novo sistema de edición estará dispoñible como unha característica en fase beta nos dispositivos de escritorio en outubro de 2016. Podes ler máis sobre este proxecto no boletín informativo de actualizacións das tarefas en curso da lista de correo da Wikimedia.

Traballemos xuntos

Elitre (WMF)