Jump to content

SWViewer/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page SWViewer and the translation is 89% complete.
Outdated translations are marked like this.
Shortcut:
SWV

SWViewer (ligazón directa) é unha aplicación web sinxela de usar para detectar e reverter vandalismo, spam, e outros tipos de edicións non construtivas realizadas en varios proxectos Wikimedia.

Cunha interface simple e intuitiva, podes monitorizar cambios recentes en tempo real. A aplicación ofrece numerosas características; como reversión, borrado rápido, edición de páxinas.

Instalación

Captura de pantalla dun diff (escritorio)
Captura de pantalla dun diff (móbil)

Para abrir a aplicación en navegador (probado en Chrome, Firefox, Safari), fai clic no botón seguinte:

Abrir no navegador

Instalar PWA

Se utilizas Chrome, podes instalar SWViewer como aplicación web no teu computador así como no teu dispositivo móbil seguindo estas instrucións:

Instalar script de usuario

SWViewer.js é un script de usuario que basicamente engade unha ligazón baixo a sección de "Ferramentas" na barra lateral para acceder ó SWViewer facilmente desde calquera páxina.

Requisitos

SWViewer só pode ser utilizado por editores cunha conta en Wikimedia. Ademais, a conta ten que cumprir certos requerimentos para reducir a probabilidade de que os usuarios identifiquen erroneamente vandalismo. A conta ten que ter permiso de reversor no proxecto no que desexa usar esta ferramenta ou ter permisos de reversor global.

A aplicación funciona en dous modos denominados cola global e cola local.

A cola global recibe edicións desde pequenos wikis e de algúns wikis adicionais, e está habilitada de forma predeterminada para stewards, administradores globais e reversores globais.

A cola local está habilitada cando un usuario non ten permisos globais pero ten acceso ao permiso de reversor nun ou máis proxectos. Nesta, os usuarios só ven as edicións dos wikis nos que teñen permisos de revesor. Os usuarios que non teñan dereitos globais tamén poden habilitar a cola global na configuración e desfacer edicións; para isto, deben ter 1000 edicións globais (excepto en wikis de proba) e non ter máis dun bloqueo activo.

Características

As siguientes características distinguen a SWViewer:

  1. Patrulla cross-wiki: SWViewer usa EventStreams para obter edicións. Dado que EventStreams recibe edicións de todos os wikis de Wikimedia, SWViewer pode usarse en cualquera wiki ou combinación de wikis.
  2. Interface sinxela: a interface de SWViewer é mínima Isto débese á creenza de que SWViewer debe enfocarse exclusivamente en eliminar o vandalismo e o spam, no canto de converterse nunha ferramenta de propósito xeral para todo tipo de edicións non construtivas. Cando se necesita máis información, a interface proporciona ligazóns ás páxinas relevantes no wiki, que se abren nun navegador normal.
  3. Multiplataforma: desenvolvido principalmente en JavaScript e PHP e aloxado en Toolforge, SWViewer é multiplataforma. Pode ser facilmente utilizado en calquera dispositivo incluíndo teléfonos móbiles, xa que ten unha interface optimizada.

Comentarios

Caixa de usuario

Os usuarios de SWViewer poden engadir calquera destas caixas de usuario á súa páxina.

Tamén serás engadido á categoría de wikimedistas que utilizan SWViewer.

Code Result
{{Template:User SWViewer}}
This user uses SWViewer to revert vandalism.
Usage

Véxase tamén