Jump to content

Recadación de fondos 2012/Tradución/Chamamento de Isaac

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Isaac appeal and the translation is 100% complete.

Banner

  • Se queres podes ler:
    Un chamamento persoal de
    Isaac Kosgei, editor da Wikipedia

Appeal

De Isaac Kosgei, editor da Wikipedia

O coñecemento é para todas as persoas, mesmo para aquelas sen acceso á internet. Hoxe, case todas as escolas de Quenia teñen ordenadores. Pero moitas delas carecen de acceso á internet, especialmente nas zonas máis remotas do meu país.

Como voluntario da Wikipedia, a miña meirande achega é distribuír a versión sen conexión da Wikipedia. Esta é unha versión da Wikipedia unicamente de texto que se pode usar sen conexión á internet.

Viaxando en transporte público e taxis, cargados con CD, memorias USB, un portátil e un proxector, os meus amigos e mais eu visitamos escolas de toda Quenia.

Instalamos a Wikipedia nos ordenadores da escola e ensinamos aos profesores como funciona o proxecto. Logo facemos unha demostración a toda a escola usando o proxector e damos unha charla sobre a importancia da Wikipedia.

Os profesores din que este proxecto cambiou as vidas dos miles de nenos das escolas e está a revolucionar a educación en Quenia. Os estudantes sempre están emocionados e agradecen moito o que facemos.

Grazas á Wikipedia, e a unhas cantas longas viaxes en autobús, toda unha xeración de estudantes ten agora acceso á enciclopedia máis grande do mundo. Para min, esta é a mellor cousa que endexamais aconteceu.

Cando doas á Wikipedia, estás cambiando o mundo. Grazas desde o fondo do meu corazón.

Isaac Kosgei
Estudante de negocios e voluntario da Wikipedia