Recadación de fondos 2012/Tradución/Páxinas de información aos doantes

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to: navigation, search
This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Donor information pages and the translation is 98% complete.

Outdated translations are marked like this.
Other languages:
Afrikaans • ‎አማርኛ • ‎العربية • ‎azərbaycanca • ‎беларуская • ‎беларуская (тарашкевіца)‎ • ‎български • ‎বাংলা • ‎català • ‎čeština • ‎Cymraeg • ‎dansk • ‎Deutsch • ‎Österreichisches Deutsch • ‎Deutsch (Sie-Form)‎ • ‎Zazaki • ‎Ελληνικά • ‎English • ‎Esperanto • ‎español • ‎euskara • ‎فارسی • ‎suomi • ‎français • ‎galego • ‎עברית • ‎हिन्दी • ‎magyar • ‎Bahasa Indonesia • ‎italiano • ‎日本語 • ‎ქართული • ‎کھوار • ‎한국어 • ‎Latina • ‎Lëtzebuergesch • ‎latviešu • ‎македонски • ‎മലയാളം • ‎मराठी • ‎Bahasa Melayu • ‎Mirandés • ‎مازِرونی • ‎norsk bokmål • ‎Nederlands • ‎ਪੰਜਾਬੀ • ‎Pälzisch • ‎polski • ‎پښتو • ‎português • ‎português do Brasil • ‎română • ‎русский • ‎slovenčina • ‎slovenščina • ‎svenska • ‎Kiswahili • ‎தமிழ் • ‎తెలుగు • ‎ไทย • ‎Tagalog • ‎Türkçe • ‎українська • ‎oʻzbekcha/ўзбекча • ‎Tiếng Việt • ‎ייִדיש • ‎中文 • ‎中文(中国大陆)‎ • ‎中文(简体)‎ • ‎中文(繁體)‎ • ‎中文(台灣)‎


Cancelar ou cambiar unha doazón recorrente

We appreciate your contribution to the Wikimedia Foundation and supporting free knowledge. We know that sometimes circumstances can change and it's not possible to continue a recurring contribution. To cancel or change your subscription please follow the instructions below. Please do not include your credit card number or other financial information when contacting us.

PayPal
  • Tes que acceder á túa conta no PayPal. Despois, vai ao teu perfil en "A miña conta", preme en "Información da conta" e logo en "Pagamentos preaprobados".
  • Agora, sigue as instrucións en pantalla. Podes atopar máis información en $url.
  • Como alternativa, podes seguir as instrucións para a tarxeta de crédito que hai a continuación. Ten en conta que só podemos cancelar as doazóns mediante PayPal, non as podemos modificar.
Tarxeta de crédito
  • Envía un correo electrónico a $email indicando o tipo de cambio que queiras realizar e toda a información que poidas sobre o agasallo orixinal, como:
    • Enderezo de correo electrónico usado para recibir o recibo da doazón
    • Nome completo usado
  • Recibirás unha confirmación por correo electrónico cando se complete a operación.

Problemas coas doazóns

Se tes algún problema coa doazón ou necesitas facer algunha pregunta, bótalle un ollo ás preguntas frecuentes. Se aínda tes algunha dúbida ou necesitas axuda para completar a transacción, ponte en contacto con nós no enderezo donate@wikimedia.org.

É seguro este sitio?
O sitio web de doazóns da Fundación Wikimedia é extremadamente seguro e está desenvolvido por Verisign Trusted. Despois de premer nun cartel ou seguir unha ligazón de doazón, a páxina á que chegas atópase nun sitio seguro (https); toda a información está encriptada e xestiónase segundo os máis altos estándares de protección de datos.
A Fundación Wikimedia aínda non ofrece o meu método de pagamento preferido.
Sentimos non poder ofrecer nestes momentos o teu método de pagamento preferido; en futuras campañas de recadación, agardamos ter mellores opcións para as doazóns noutras moedas. Gustaríanos saber os métodos máis usados por ti e no teu país. Envíanos un correo electrónico cos teus comentarios, mencionando o teu país e o nome do método de pagamento.
Intentaremos engadir estas opcións no futuro. Entrementres, bota unha ollada ao seguinte enderezo URL para ver as outras opcións que tes dispoñibles nestes intres: outros xeitos de doar
Por que foi rexeitada a miña doazón mediante tarxeta de crédito/débito?
Se o teu pagamento foi rexeitado ou se non puideches inserir a información da túa tarxeta na nosa páxina de doazóns, revisa as seguintes condicións relativas á tarxeta:
  • A túa tarxeta de crédito/débito debe estar activada para o seu uso internacional. As tarxetas que só se poden usar no país (as tarxetas nacionais) non están aceptadas polo de agora. Chama ao banco e solicita a activación do acceso internacional.
  • As tarxetas de crédito dos Estados Unidos de América, do Reino Unido e de Canadá unicamente se aceptarán nos seus respectivos países.
  • Non todas as tarxetas virtuais están aceptadas neste momento. As tarxetas virtuais úsanse a miúdo nas compras en liña para protexer a información sensible da túa tarxeta física. Con todo, podes estar seguro de que o noso proceso de doazóns está xestionado por procesos profesionais plenamente competentes e a túa información está extremadamente segura. En caso de que a túa tarxeta virtual sexa rexeitada, usa a túa tarxeta de crédito/débido no seu lugar.
  • Se usas a túa tarxeta de débito, ten en conta que o código de seguridade (CVV) é opcional. Se a túa tarxeta de débito non ten CVV, omite ese campo.
  • Poida que o teu banco impedise a transacción. Isto acontece porque posiblemente sexa a primeira vez que doas á Wikimedia. Chama ao banco e solicita o desbloqueo das transaccións coa Wikimedia para que non haxa problemas coas túas futuras doazóns.
Por que aparece un certificado de advertencia/erro ao intentar doar?
Non te preocupes se aparece un certificado de advertencia/erro ao intentar doar. Posiblemente sexa debido a que usas unha versión desactualizada do teu navegador. Actualiza o navegador ata a versión máis nova ou utiliza un navegador diferente. Se o problema continúa, envía un correo electrónico ao enderezo donate@wikimedia.org

Política de reembolso

Se, por calquera motivo, queres reembolsar a túa doazón, ponte en contacto con nós a través do correo electrónico no enderezo donate@wikimedia.org. Necesitaremos a seguinte información para procesar a devolución:

  • Data da doazón (todas as solicitudes de reembolso deben facerse nos 90 días seguintes á doazón)
  • Cantidade doada (as doazóns superiores aos 10.000 dólares estadounidenses considéranse doazóns maiores e están suxeitas ao correspondente acordo de concesión entre a Fundación e o doante)
  • Nome completo
  • Método de pagamento usado (tarxeta de crédito, transferencia bancaria, carteira electrónica...)
  • País de orixe
  • Motivo para o reembolso

Ten en conta que algúns métodos de pagamento poden non permitir o reembolso ou ben necesitar que o reembolso se realice a través do método de pagamento (tarxeta) empregado, así que poida que necesitemos información adicional para completar a devolución. Todos os reembolsos hanse procesar o máis axiña posible, pero o tempo pode variar dependendo do método de pagamento.

Programa de agasallos

O programa de agasallos é un modo fantástico e doado de duplicar ou mesmo triplicar a túa doazón á Fundación Wikimedia. Moitas empresas apoian a filantropía dos empregados ofrecendo estes programas. Ao aproveitar o programa de agasallos da túa compañía podes maximizar o valor do teu agasallo sen ningún custo adicional. Consulta co teu departamento de recursos humanos para ver se poden corresponder o teu agasallo á Fundación Wikimedia.

Como funciona este programa?

Malia que os programas poden variar dunha empresa a outra, o proceso adoita ser moi sinxelo:

  1. Confirma que a túa empresa ten un programa de agasallos e consigue o formulario axeitado
  2. Enche o formulario e envíallo á Fundación Wikimedia ao enderezo:
    Wikimedia Foundation, Inc.
    P.O. Box 98204
    Washington, DC 20090-8204 USA
  3. ou ao enderezo de correo electrónico: matching@wikimedia.org
  4. A Fundación Wikimedia ha verificar a túa doazón e enviará o formulario de volta á túa empresa
  5. A túa empresa ha enviar a doazón correspondente á Fundación Wikimedia
  6. As doazóns do programa de agasallos deben dirixirse a:
Para a túa información, o noso número de indentificación tributario nos Estados Unidos de América é:

Campaña federal combinada

A Fundación Wikimedia, Inc. está inscrita na lista de obras caritativas da campaña federal combinada do ano 2011 como unha organización nacional/internacional independente. O noso código é: 61478.

Organizacións que apoiaron a Fundación Wikimedia a través da xenerosidade dos seus empregados

Moita xente e os seus empregados xa realizaron doazóns á Fundación Wikimedia. Agradecemos enormemente o seu apoio e xenerosidade. Se alguén xa completou a doazón a través do programa de agasallos, atoparás máis información sobre o seu programa aquí: