Equipo de Vixilancia de Wikis Pequenos

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Small Wiki Monitoring Team and the translation is 100% complete.
Other languages:
Afrikaans • ‎Bahasa Indonesia • ‎Bahasa Melayu • ‎Deutsch • ‎English • ‎Esperanto • ‎Lëtzebuergesch • ‎Nederlands • ‎Nordfriisk • ‎Scots • ‎Setswana • ‎Sunda • ‎Tiếng Việt • ‎Türkçe • ‎Zazaki • ‎asturianu • ‎azərbaycanca • ‎brezhoneg • ‎català • ‎dansk • ‎español • ‎euskara • ‎français • ‎galego • ‎hornjoserbsce • ‎italiano • ‎magyar • ‎norsk bokmål • ‎occitan • ‎polski • ‎português • ‎português do Brasil • ‎română • ‎shqip • ‎slovenčina • ‎srpskohrvatski / српскохрватски • ‎suomi • ‎svenska • ‎vèneto • ‎čeština • ‎Ελληνικά • ‎беларуская (тарашкевіца) • ‎български • ‎македонски • ‎русский • ‎српски / srpski • ‎українська • ‎հայերեն • ‎ייִדיש • ‎עברית • ‎العربية • ‎تۆرکجه • ‎سنڌي • ‎فارسی • ‎مصرى • ‎پښتو • ‎नेपाली • ‎मराठी • ‎हिन्दी • ‎বাংলা • ‎ਪੰਜਾਬੀ • ‎ગુજરાતી • ‎தமிழ் • ‎తెలుగు • ‎ಕನ್ನಡ • ‎മലയാളം • ‎ไทย • ‎ဖၠုံလိက် • ‎မြန်မာဘာသာ • ‎ქართული • ‎中文 • ‎日本語 • ‎粵語 • ‎ꯃꯤꯇꯩ ꯂꯣꯟ • ‎한국어
Atallo:
SWMT

O equipo de monitorización de wikis pequenos (siglas en inglés: SWMT) é un grupo de wikimedistas que, usando canais de IRC e outras ferramentas, monitorizan determinados proxectos en busca de vandalismo, spam ou troleos. Hai varios bots que reportan cualquera edición sospeitosa nos wikis aos monitores do SWMT. Para axudar, simplemente ingresa á canle #cvn-swconnect en IRC. Tamén podes editar a listaxe de usuarios máis abaixo para rexistrar a túa participación.

Definición de "pequenos"

A palabra "pequenos" en "equipo de vixilancia de wikis pequenos" debe interpretarse amplamente. Aínda que os bots en IRC monitorizan a maioría de wikis con menos de 10 000 artigos, non debe entenderse que son "pequenos" no sentido de "insignificante"; máis ben, preferimos monitorizar o maior número de wikis posíbel, de modo que podemos coordinar máis eficazmente medidas para parar aos spammers e vándalos que danan moito os wikis en masa, ou que atacan proxectos máis pequenos porque pensan que poden pasar desapercibidos.

Por tanto, por favor non te ofendas se un dos nosos membros reverte vandalismo no teu wiki, identificándose como membro do SWMT; estamos alí porque nos preocupamos polo teu wiki, non porque pensemos que sexa un proxecto de segundo plano.

Como monitorizar un wiki pequeno

  1. Monitorizar cambios recentes de pequenos wikis vía IRC ou SWViewer. Véxase Small Wiki Monitoring Team/IRC para máis detalles.
  2. Informar sobre vándalos e páxinas que deben ser borradas en Global sysops/Peticións.
  3. Reverter vandalismo.
  4. Informar sobre ligazóns spam na lista negra de spam.
  5. Podes atopar unha listaxe de wikis pequenos aquí.

Permisos globais

Cualquera usuario con boa disposición pode converterse en membro do SWMT. Con todo, hai permisos globais que poden ser de axuda. Estes inclúen o de administrador global e o de reversor global. Agárdase que os candidatos a devanditos permisos teñan moita experiencia en SWMT.

Caixa de usuario

Os membros de SWMT teñen que crear unha páxina de usuario en Meta, a cal se mostrará nos wikis onde estean editando. Considera utilizar unha caixa Babel na túa páxina de usuario.

Podes engadir a seguinte caixa de usuario á túa páxina de usuario escribindo {{User SWMT}}:

Broom icon.svgThis user is a member of the Small Wiki Monitoring Team.


Membros

Os membros son libres de identificarse como membros do equipo de vixilancia de wikis pequenos. Podes facelo editando a listaxe de membros.

Véxase tamén