Jump to content

Recadación de fondos 2012/Tradución/Chamamento de Jimmy

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Jimmy Appeal and the translation is 100% complete.

NOTE TO TRANSLATORS

This letter is a new translation request, but re-uses large parts of the 2011 Jimmy Appeal, with slight modifications in the second version.

https://meta.wikimedia.org/wiki/Fundraising_2011/Jimmy_Letter_002/en

If the 2011 Jimmy Letter has been translated into your language, you can probably re-use much of it for this translation. :-) Jseddon (WMF) (talk) 18:37, 27 September 2012 (UTC) [reply]

Version 1 (Millions)

Google ten preto dun millón de servidores. Yahoo está ao redor dos 12.000 empregados. Nós contamos cuns 800 servidores e 150 empregados.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada e dá servizo a 450 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.

Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

Se todas as persoas que len isto doasen $5, a recadación só duraría un día. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar.

Este ano, considera facer unha doazón de $5, $20, $50 ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia

Version 2 (Thousands)

Google e Yahoo teñen miles de servidores e empregados. Nós contamos cuns 800 servidores e 150 empregados.

Grazas

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia