Estrategia 2015/Consulta da comunidade
For the 2016 consultation, please see 2016 Strategy/Community consultation |
Esta fase da consulta está pechada.
Para obter información sobre o resultado, por favor consulte a nosa publicación no blog. É benvido a continuar a conversa neste lugar pero teña en conta que non hai garantía de que o persoal da fundación revise os comentarios novos. Esperamos iniciar a conversa sobre os temas que teñan emerxido no futuro próximo! |
A Fundación Wikimedia (FWM) é unha organización caritativa sen fins de lucro que apoia e xestiona grandes proxectos de aprendizaxe baseado nas wikis como Wikipedia. Traballamos con miles de colaboradores, voluntarios e lectores dedicados, e esforzámonos constantemente para facer medrar os nosos proxectos e ampliar o seu alcance global de maneira que poidamos compartir contido libre, multilingüe e educativo co mundo.
A súa visión importa. Estamos traballando nunha estratexia para FWM, e precisamos informacións preliminares sobre o futuro. Estamos recollendo información de persoas como vostede. A experiencia e perspectiva que vostede achegue axudaranos a ampliar o noso pensamento e a xerar un resultado que sexa verdadeiramente representativo dos nosos obxectivos compartidos. Leremos as súas contribucións para axudar a formular a nosa estratexia, a cal estaremos compartindo coa comunidade para obter comentarios.
Se desexa máis información, por favor revise “Contexto” ou tamén esta entrada de blog.
Como pode participar?
Por favor lea o escenario a continuación e responda ás preguntas sobre a páxina de conversa
O escenario
O contorno de Internet está cambiando. Nos próximos tres anos, esperamos ver un forte impacto de ó menos dúas tendencias globais principais:
- O mundo estase a volver móbil. As tendencias mostran que os dispositivos móbiles estanse a converter no principal (e a miúdo o único!) método de acceso a Internet para a maioría das persoas no mundo. Os nosos sitios precisan estar plenamente preparados para isto.
- Os próximos mil millóns de usuarios de Internet estanse conectando (incluíndo un número importante de Asia, América Latina e África). Estes usuarios posiblemente teñan pouco ou ningún coñecemento preconcibido acerca de calquera proxecto de Wikimedia e posiblemente teñan novas motivacións para participar cando os adquiran.
As preguntas
- Que tendencias principais identificaría ademais da do móbil e dos próximos mil millóns de usuarios?
- Baseándose nas tendencias futuras que vostede considera importantes, como se verían os proxectos Wikimedia prósperos e exitosos?
Díganos o que pensa
Axude a formar o futuro da Fundación Wikimedia ó premer no seguinte botón. Os seus comentarios son apreciados mentres comezamos este proceso.
Por favor lembre que todas as respostas son postas publicamente e que ó entregárnolas, está a liberalas no dominio público, polo que podemos utilizar ou dalas a coñecer para propósitos de investigación ou outros fins. Por favor non proporcione datos privados aquí.