Wikipedia á Lúa

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Wikipedia to the Moon and the translation is 86% complete.
Home Phase 1: scenarios Phase 2: voting Phase 3: working Phase 4: wrap-up About FAQ
  done done done done    

Un grupo de entusiastas da ciencia de Berlín, Alemaña, propuxeron enviar o seu propio robot até a Lúa. E queren levar a Wikipedia canda eles. No ano do 15.º aniversario de Wikipedia, a nosa comunidade global de editores está convidada a preparar a cápsula definitiva de coñecemento do tempo (e do espazo).

Wikipedia á Lúa – en resumo

Xa pasaron case cuarenta anos dende que Voyager 2 recibiu unha mensaxe da humanidade para o espazo sideral co chamado "Disco de Ouro". El contiña saúdos, algúns sons e imaxes, ...pero non a suma de todo o coñecemento.

Os científicos Part-Time son un dos cinco equipos que están a competir no reto Google Lunar XPRIZE. O seu obxectivo é acadar a Lúa no 2017, aterrar o seu robot de xeito seguro sobre a superficie, conducilo 500 metros e enviar imaxes á Terra. Non hai moito sitio para un vehículo espacial para as cousas que ten que levar. Normalmente, o chamado payload é empregado para experimentos científicos. O robot da Lúa que os científicos Part-Time están a construír ten espazo para algo diso, pero tamén leva un disco de datos que foi ofrecido pola versión alemá da Wikimedia, Wikimedia Deutschland, co fin de utilizar a Wikipedia

Porque non facer sinxelamente un "dump" da Wikipedia e poñelo no disco? Porque o espazo dispoñible nun disco é moi limitado e nin tan só collería unha das versións das grandes linguas —nin sen historiais ou ficheiros multimedia. Máis importante, a Wiquipedia é un proxecto global os seus contidos están en case 300 linguas. Mesmo se só podemos levar unha captura de pantalla da Wikipedia á Lúa, o seu contido equivalería a unha captura xenuína da "suma de todo o coñecemento humano". Polo tanto, debería levar non só a calidade do traballo da Viquipèdia, senón tamén da súa diversidade cultural, as súas diferentes perspectivas, as súas diversas voces.

Como facelo? Como decidilo? Como Wikimedia Alemaña, coidamos que o mellor xeito para decidir sobre a viaxe espacial dunha instantánea de Wikipedia es recurrindo ás fortalezas dos seus principios básicos: Isto é un agasallo de aniversario a toda a comundidade de Wikipedia de todo o mundo. Discutamos como un movemento global e colaborativo wiki. É un reto único en si mesmo, xa que nunca antes se fixera un chamado a toda a comunidade de Wikipedia ó mesmo tempo para levar a cabo unha tarefa ou un proxecto con limitacións de espazo… e tempo. Co obxectivo de cumprir coa data límite de carga útil do vehículo lunar, temos que traballar tamén cunha data límite de edición. A nosa meta é rematar co debate da comunidade, a toma de decisións e a preparación do contido o Día Internacional dos Voluntarios este 2016:

5 de decembro de 2016. 39 millóns de artigos, 300 linguas, milleiros de editores. Un disco con espazo de almacenamento de datos de 20 GB.

Este espazo en Meta-Wiki foi deseñado para facilitar o proceso até Wikimania Esino Lario en xuño de 2016. Até entón, precisamos acadar unha decisión sobre como actuar en calidade de comunidade global e das comuidades das nosas respectivas linguas. Este é un proxecto difícil! Por favor, lea polo miúdo todos os detalles nas seccións About e FAQ.

Levemos Wikipedia até a Lúa! Precisamos das túas opinións e ideas nos debates en curso de posibles escenarios de traballo. Por favor edite!

See also