Fundraising 2010/Appeal/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki

Teño moitas anécdotas divertidas que me aconteceron hai dez anos, cando comecei a falarlle á xente da Wikipedia.

Digamos que algúns homes de negocios se mostraban escépticos fronte ao concepto de que voluntarios de todo o mundo puidesen unirse para crearen a máis extraordinaria fonte de coñecemento humano: todo co único propósito de compartir.

Sen publicidade. Sen fins de lucro. Sen axenda.

Unha década despois da súa fundación, máis de 380 millóns de persoas empregan a Wikipedia cada mes; case a terceira parte das que teñen conexión á internet.

Trátase da 5ª páxina web máis popular do mundo. As outras catro foron construídas e mantidas con miles de millóns de dólares gastados en investimento, moito persoal corporativo e enormes campañas de mercadotecnia.

Pero a Wikipedia non é nada parecido a unha páxina web comercial. É unha creación comunitaria, escrita por voluntarios, construída entrada a entrada. Ti es parte da nosa comunidade. E hoxe escribo isto para pedirche que protexas e manteñas a Wikipedia.

Todos xuntos podemos conseguir que continúe sendo de balde e que estea libre de anuncios. Podemos mantela aberta; podes utilizar a información presente na Wikipedia do xeito que queiras. Podemos lograr que siga medrando, espallando o coñecemento por todo o mundo e convidando á participación de calquera persoa.

Todos os anos por estas datas, tendemos a man para pedirche a ti e ao resto da comunidade da Wikipedia que axudedes a sustentar a nosa empresa colectiva cunha modesta doazón de 20, 35, 50 dólares ou máis.

Se valoras a Wikipedia como unha fonte de información, e mesmo unha fonte de inspiración, espero que actúes agora mesmo.

Con todo o meu cariño,

Jimmy Wales

Fundador da Wikipedia

PD: A Wikipedia reúne o poder da xente coma nós, coa capacidade de facer cousas extraordinarias. A xente coma nós escribe a Wikipedia, palabra a palabra. A xente coma nós finánciaa, doazón a doazón. É unha demostración do noso potencial colectivo para cambiar o mundo.